Partido Popular de Lugo

O Grupo Municipal Popular insiste en demandar ao goberno local o arranxo dos adoquíns das rúas peonís e comerciais de Ribadeo

O Grupo Municipal Popular de Ribadeo insiste, unha vez máis, en demandar ao goberno local do BNG o arranxo dos adoquíns do pavimento das rúas peonís do centro ribadense onde se atopa gran parte do comercio local como levan xa tempo reivindicando dende a formación popular.

 

A vicevoceira popular, Elena Sierra, sinala que “o chan de rúas moi transitadas do centro ribadense, que tamén son as principais rúas comerciais do municipio, se atopa en moi mal estado”. É o caso de rúas coma Rodríguez Murias ou Reinante que se atopan nun estado lamentable.

 

A popular sinala tamén que “foron retirados os protectores dos colectores da rúa Calvo Sotelo quedando no chan os buratos das estruturas que os suxeitaban. Isto provocou xa algunhas caídas e torceduras”. Se ben é certo que “non houbo que lamentar graves consecuencias, non é de recibo que as nosas rúas poidan constituír un perigo para os viandantes”.

 

Dende o Grupo Municipal Popular ribadense instan ao goberno local a tomar en considerar estas demandas en beneficio da seguridade dos veciños e clientes do comercio ribadense.