Partido Popular de Lugo

Candidatos do PP abordan con retornados de Venezuela o apoio da Xunta ás familias e aos emprendedores

Candidatos do PP ás eleccións autonómicas mantiveron esta mañá, na sede do partido en Lugo, unha reunión con galegos retornados. No encontro participou telematicamente a cabeza de lista por Lugo, Elena Candia, que, por residir en Mondoñedo, está afectada polas limitacións de mobilidade necesarias para frear o rebrote, xa controlado, de contaxios da covid-19 na Mariña. Presencialmente participaron Cristina Sanz e Ramón Carballo, así como o candidato por Ourense Antonio Rodríguez Miranda.

 

Os asistentes ao encontro foron fundamentalmente retornados de Venezuela, que se agrupan en Venelugo, asociación presidida por Karina Mago. Tras as intervencións de Carballo, Cristina Sanz e Elena Candia, chegou a quenda de Rodríguez Miranda. Explicou que “un dos grandes ámbitos do traballo do Goberno galego foi o do retorno; era un piar  básico de actuación, como marcara xa o presidente no debate de investidura, e así se constatou”. Indicou que “no ano 2009 dedicábase a retorno en Galicia entorno a 200.000 euros e neste ano que estamos, só na Secretaria Xeral de Emigración, dedicáronse máis de 4,5 millóns de euros e hai que sumar as distintas liñas de apoio que teñen os diferentes departamentos dentro da estratexia xeral de retorno que aprobou o Goberno galego”.

 

Rodríguez Miranda fixo balanzo “das familias atendidas en Galicia, que foron máis de 1.700 en protección social, só desde a Secretaria de Emigración, apoiando tamén a 200 negocios no ámbito do emprendemento”. No apoio ao retorno están implicados todos os departamento: Educación, Sanidade, Economía, Medio Rural, Vivenda, etcétera. Manifestou: “O noso compromiso é seguir traballando nesta mesma liña”. Recordou as “oficinas integrais de atención ao retorno, que se puxeron en marcha en decembro pasado e que nesta lexislatura é o momento cúlmen do seu desenvolvemento, que significa ter en cada unha das provincias galegas un  lugar de acollida, de asesoramento e de acompañamento  a todas as familias galegas que veñen do exterior, para axudalas e orientalas en todos os trámites ata que estean plenamente integradas na sociedade galega en todos os sentidos”.