Partido Popular de Lugo

Candidatos populares poñen en valor as inversións da Xunta por importe de 3,4 millóns en mantemento do patrimonio histórico lucense

O número 5 da candidatura do PP por Pontevedra ás eleccións autonómicas, Román Rodríguez (conselleiro de Cultura e Turismo), participou hoxe en senllos actos electorais en Monforte e Lugo. Na cidade do Cabe estivo acompañado polas candidatas populares por Lugo Raquel Arias, Susana López Abella e Katy Varela. En Lugo estiveron con Román Rodríguez os tamén candidatos José Manuel Balseiro, Ramón Carballo e Encarna Amigo.

 

Román Rodríguez puxo en valor algunha das inversións da Xunta de Galicia en materia de patrimonio histórico. Entre outras, son de citar as seguintes: Restauración da planta baixa da Casa do Capelán no Convento de Ferreira de Pantón (Pantón), 512.000; obras de mantemento da Muralla de Lugo e a restauración cubo XXXI, 377.000; reparación, restauración e traballos de conservación preventiva na igrexa de San Xoán de Portomarín, 264.000 euros;  campaña de escavacións no Castro de Viladonga (Castro de Rei), 213.000 euros; conservación e mantemento do conxunto etnográfico das pallozas do Cebreiro (Pedrafita), 161.000 euros; restauración da igrexa de Santa Cruz do Incio (O Incio), 28.000 euros;  restauración da pintura mural da nave principal da igrexa de San Vicente de Pinol (Sober), 109.000 euros; restauración da pintura mural da nave principal da igrexa de San Xiao de Lobios (Sober) 68.000 euros; albergue de Diomondi-O Saviñao (primeiro albergue público da ruta do Camiño de Inverno) 1.058.180 euros; restauración da  igrexa de Santo Estevo de Atán ( Pantón), 40.000 euros; convenio para iluminación da pinacoteca dos Escolapios (Monforte), 35.000 euros; restauración de San Vicenzo de Pombeiro (Pantón), 270.000 euros, e restauración da igrexa de Santo Estevo de Ribas de Miño (O Saviñao), 342.345 euros.

 

As intervencións que quedan apuntadas totalizan unha inversión de 3.477.525 euros.

 

REUNIÓN ASOCIACIÓNS DEPORTIVAS

Na Zona Sur, concretamente en Chantada e en Monforte, a candidata Susana López Abella, e o secretario xeral para o deporte, José Ramón Lete, tamén se reuniron con representantes das asociacións deportivas destes dous municipios para escoitar as súas demandas e atender as súas peticións.Trasladaron, ademais, aos asistentes os investimentos realizados polo Goberno de Feijóo nestes últimos anos nesta materia.