Partido Popular de Lugo

O PP de Burela asegura que “a venda de fume do Sr. Llano increméntase en campaña electoral”

A vicevoceira do Grupo Municipal Popular, Yovana Oroza, indica que “a venda de fume do sr. Llano se incrementa en campaña electoral. Tal é así que lle reclama á Xunta de Galicia unha reunión para reforzar o servizo de tren cando a fixación da frecuencia dos trens é competencia exclusiva do Estado”, explica.

“No Grupo Municipal Popular non saímos do noso asombro. O sr. Llano pretende que a Xunta usurpe unhas competencias que non son súas. Unha vez máis, busca mandar balóns fóra e pretende repartir a culpa dun servizo, cuxo único xestor é Adif. Se o que quere é solucionar este grave problema, o que debería e facer é ir a Madrid e falar co máximo responsable do Goberno, Pedro Sánchez”, manifesta Oroza.

A popular engade que “a Xunta só ten competencias delegadas nas estacións de tren e, en Burela, cumpriu coa palabra dada mediante a súa última remodelación feita hai escasos meses”.

“A casa sen varrer”

“Mentras o sr. Llano se dedica a pedirlle explicacións a quen non ten competencias para solucionar ese problema”, Oroza recorda que “o alcalde socialista de Burela ten a casa está sen varrer”.

Cita a popular dous exemplos: o estado lamentable das instalacións deportivas da Marosa -do que nos fixemos eco non hai moito- e o completo abandono do cemiterio, que está sen rozar e con cortes de auga continuos. En ámbolos dous casos a competencia é municipal”, puntualiza. “O que lle reclamamos os veciños e veciñas de Burela ao Sr. Llano é menos verborrea e máis feitos”, conclúe.