Partido Popular de Lugo

Daniel Vega considera “un ataque directo” a comerciantes, hostaleiros e praceiros a retirada do mercado dos mércores do entorno da Praza de Abastos

O voceiro do Grupo Municipal Popular de Ribadeo, Daniel Vega, defende que “o mercado dos mércores se volva a desenvolver nas inmediacións da Praza de Abastos ribadense. É unha demanda dos veciños e veciñas”, puntualiza.

 

O popular critica que “o goberno local non escoite a ninguén e pense que ten a verdade absoluta”, cando “nós defendemos o diálogo”. O goberno municipal non escoita á oposición nin tampouco aos veciños e veciñas. Así o demostra a decisión de cambiar o mercado dos mércores para o aparcamento municipal sen ter en conta a opinión dos afectados. “É unha decisión ditatorial de Fernando Suárez” que constitúe “un ataque directo” aos comerciantes, hostaleiros e praceiros.

 

Daniel Vega explica que “apartar o mercado do entorno da Praza de Abastos prexudica aos bares, restaurantes, comercio e aos praceiros” e, polo tanto, cre que “neste complexo momento, é unha decisión desafortunada de Fernando Suárez e o seu equipo de goberno”.

 

Vega cre que é posible retomar o mercado dos mércores no seu emprazamento habitual, como demandan os veciños e veciñas, cumprindo as medidas sanitarias porque “hai espazo para albergar os postos no entorno da Praza de Abastos e nas rúas próximas”, asegura.