Partido Popular de Lugo

O PP afea a Tomé a súa negativa a dirixir o Parque Móbil con criterios obxectivos e xustos para todos os concellos lucenses

Na Deputación provincial faise bo o vello dito de que unha cousa é predicar e outra dar trigo. Ao goberno provincial éncheselle a boca falando de transparencia e participación, pero, á hora de practicala, a cousa cambia. En cada sesión plenaria compróbase que é así, como destaca o portavoz popular, Javier Castiñeira, ao abordar, entre outros asuntos, o uso que se fai dos equipos de maquinaria do Parque Móbil Provincial. Castiñeira di: “No pleno de onte na Deputación puidemos comprobar que o goberno bipartito non ten ningunha intención de repartir equitativamente o uso dos servizos do Parque Móbil. Quedou claro cando PSOE e BNG votaron en contra da moción do Partido Popular para deseñar un plan de uso obxectivo e para crear un grupo de traballo, con representantes de todos os grupos políticos e o coordinador do Parque, para decidir e controlar o uso dos equipos segundo as necesidades obxectivas”.

 

Castiñeira sinala: “O presidente Tomé foise pola ramas e eludiu dar unha resposta aclara á pregunta concreta que lle fixo o PP, na que, en síntese, se pedía a lista detallada dos concellos nos que operou no que vai de ano algún dos equipos. Tomé limitouse a nomear concellos de distinto color político nos que traballou o Parque Móbil; non dubidamos de que haxa concellos do PP nos que operase a maquinaria provincial, o que si dubidamos é de que haxa un reparto xusto, porque non existe unha organización rigorosa, nin por orden de solicitude nin en función das necesidades”.

 

O portavoz popular ten claro que o Parque Móbil “se está dirixindo por vontade política e son os concellos gobernados polo PP os que en menor medida dispoñen da maquinaria provincial, algúns deles levan moitos anos sen poder contar con ela; pola contra, en algúns concellos que non están gobernados polo PP as máquinas levan traballando case de maneira continuada”. Castiñeira opina que “unha vez máis móstrase o dobre raseiro e a incoherencia coa que operan socialistas e nacionalistas, que actúan de maneira diferente segundo estean no goberno ou na oposición”. Engade: “Ou peor aínda: día si e día tamén pretenden darnos leccións de moral, de xustiza e de bo facer cando gobernan, cando, en realidade, fan absolutamente o contrario do que din. Na oposición piden municipalizacións e cando gobernan fan todo o contrario. Un caso claro e a Deputación de Lugo coas concesións, contratacións e prórrogas que está a facer, como o servizo de catamaráns ou o de mantemento das zonas verdes, que tantos problemas está dando”.