Partido Popular de Lugo

Feijóo pide o apoio para o proxecto do PPdeG, o único que garante confianza, xestión e traballo

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, pediu o apoio para un proxecto de confianza, xestión e traballo. Durante un mitin en Monforte de Lemos, remarcou que para gobernar “non hai fórmulas máxicas”, senón esforzo, compromiso, dedicación e programa.

 

Aproveitou para incidir en que, tras tomarse todas as medidas, poderase votar con total tranquilidade e normalidade; e afeou aos que pretender meter medo ou desanimar a facelo.

 

UNHA PARTICIPACIÓN MASIVA

Nun momento de división entre partidos, de inquedanzas e no que se busca o enfrontamento, o líder dos populares galegos propuxo certezas, constancia nas ideas e xestión nas decisións.

 

Dixo que, o vindeiro 12 de xullo, os galegos están chamados a escoller entre un multipartito ou un goberno, entre a inestabilidade ou a estabilidade, entre experimentos ou a experiencia ou entre ir á contra ou unirnos todos.

 

O EMPREGO E A PANDEMIA, AS PRIORIDADES DO PPDEG

O líder do PPdeG fixo fincapé na necesidade de ofrecer certezas, ante a pandemia e ante as dificultades sociais e económicas derivadas dela. É e que, tal e como subliñou, todos os galegos que están preocupados polo Covid-19, polo seu futuro e que queren unha política útil e ao seu servizo, terán no PPdeG un partido con proxecto e programa. “Non imos dar por perdido nin un só emprego e nin unha soa empresa”.

 

UNHA CAMPAÑA DE PROPOSTAS

Feijóo, que salientou que non ten máis prioridade que Galicia, garantiu 15 días de programa e de propostas para que Galicia conte con catro anos de xestión. Así, garantiu que, nesta campaña, non perderá nin un segundo en buscar a confrontación, xa que o seu compromiso é investir todo o tempo en presentar propostas.

 

Incidiu en que unha Galicia fragmentada e dividida é unha Galicia menos competitiva. Por iso, asegurou que non se presenta para derrotar a ninguén, senón para que Galicia saia gañando: “Comprométome a facer o imposible pola Galicia de 2030”.

 

 

GALICIA, PREPARADA PARA ENCARAR O FUTURO

Así mesmo, amosouse convencido de que Galicia será capaz de encarar o futuro con máis oportunidades. Para iso, farao apostando por un ensino máis completo e competitivo, apoiando ás familias e aos maiores, reforzando as políticas de innovación, respectando o medio ambiente, potenciando o medio rural e o mar, integrando o urbano e o rural, confiando nos mozos.  

 

Para rematar, destacou o compromiso con Monforte e garantiu seguir mellorando o hospital, para o que está prevista unha remodelación do 70% das súas instalacións. Do mesmo xeito e no eido sanitario, puxo en valor os novos servizos: hospitalización a domicilio, o servizo de alergoloxía e o sistema da base do 061.

 

Por outra banda, destacou as tres casas niño, o novo centro de saúde de O Saviñao, as novas infraestruturas educativas e o apoio ao medio rural. Así mesmo, puxo en valor á Ribeira Sacra.