Partido Popular de Lugo

Tres especialistas aportarán mañá na terceira xornada do Reto Demográfico as súas receitas fronte ao despoboamento

Mañá, venres, a partir das 16.30 horas, desenvolverase telematicamente a terceira xornada O Reto Demográfico; Máis Rural, Máis Lugo, promovida polo Partido Popular de Lugo, que preside Elena Candia. Nesta ocasión intervirán o empresario lucense Ramón Alonso; Belén Elisa Díaz, presidenta de España Creativa e profesora universitaria, e Lidia Díaz, presidenta da Asociación Española contra la Despoblación. Como nas dúas xornadas anteriores, a presentación dos ponentes correrá a cargo de Elena Candia. As intervencións poderanse seguir a través do enlace www.ppdelugo.es

 

Ramón Alonso Álvarez é licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela. Incorporouse a Cafés Candelas (empresa familiar con sede en Lugo que ten máis de 40 anos de experiencia no sector) no ano 1996. Na súa intervención fará un resumo do que é a empresa que dirixe e comentará algúns factores claves na súa evolución. Reclamará máis atención para as zonas deprimidas demograficamente.

 

Pola súa parte, Belén Elisa Díaz é presidenta de España Creativa, Directora do Fórum y Red de Ciudades y Territorios Creativos de España; profesora de Organización de Empresas na Universidade Carlos III Madrid. Igualmente é consultora internacional en Economía Creativa, Cultura y Desarrollo Sostenible. Doctora Economista (licenciada. en Ciencias Económicas y Empresariales), artista plástica (licenciada en Bellas Artes) e investigadora. É tamén directora do máster en Economía Creativa na  Universidade Rey Juan Carlos e directora da especialización en Ciudades y Territorios Creativos, na Universidade de Alcalá. Falará da Transformación del mágico universo rural a partir de las industrias creativas y la innovación en la nueva realidad covid-19.

 

Lidia Díaz é a presidenta da Asociación española contra la Despoblación, fundadora de Baños de Bosque en España. Ten trece anos de experiencia no ámbito laboral con colectivos vulnerables e como formadora de adultos, así como dez anos de experiencia como coach e facilitadora en procesos de violencia. A súa intervención estará centrada no tema Oportunidades y necesidades de nuestros pueblos y su ecosistema.

 

A primeira xornada de O Reto Demográfico celebrouse presencialmente en Outeiro de Rei no pasado mes de febreiro e estivo protagonizada pola conselleira de Política Social, Fabiola García Martínez, que dedicou a súa intervención ao tema Facer de Galicia o mellor lugar para formar unha familia. A declaración da pandemia e as medidas de distanciamento social para evitar contaxios obrigaron a reestruturar o programa das xornadas O Reto Demográfico. A segunda desenvolveuse telematicamente o pasado mes de maio. Participaron Felipe Debasa Navalpotro, doutor en Dereito, profesor de Mundo Actual da Universidade Rey Juan Carlos; Santiago Lago Peñas, catedrático do Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Vigo, e Sara Bianchi, coordinadora da rede SSPA.

 

Elena Candia sinala que o obxectivo destas xornadas é o de mobilizar ao conxunto da sociedade da provincia fronte ao problema do despoboamento, así coma o de facer ver posibles solucións e alternativas viables que permitan garantir o futuro do rural lucense. Recordou que é unha das asinantes da Declaración de Gredos pola innovación e o emprendemento para a repoboamento do rural; opina que esta declaración marca un camiño que se debe seguir, con espírito de consenso.