Partido Popular de Lugo

Feijóo ratifica o seu compromiso con Lugo para potenciar os servizos públicos e garantir máis oportunidades para todos

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo,  ratificou o seu compromiso con Lugo para seguir traballando na mellora dos servizos públicos e que os seus cidadáns dispoñan cada día de máis oportunidades, despois do esforzo inversor dos últimos once anos que permitiu á cidade contar con novas dotacións sanitarias e educativas, de vivenda, infraestruturas de comunicación, e dar un pulo á súa economía.

 

O presidente dos populares galegos detalla, a través dun vídeo -publicado na súa conta de Twitter: https://twitter.com/FeijooGalicia/status/1275719493596131328– as principais actuacións da Xunta nesta urbe. Trátase dunha acción conxunta ao resto das grandes cidades, nas que se fai un repaso polos principais fitos e investimentos desde 2009. A través deste vídeo, preténdese poñer en valor todo o traballo realizado, antes de que a pandemia do Covid-19 viñera a cambiar o escenario de prioridades.

 

Como salientou Feijóo, grazas á aposta por Lugo, púidose rematar e equipar o Hospital Público, ao que se dotou de servizos como o de hemodinámica funcionando as 24 horas, radioterapia e medicina nuclear.

Nesta liña de mellora da sanidade pública, Lugo contará cun novo centro integral de saúde, que integra un moderno centro de atención primaria, servizos de fisioterapia e atención á muller, un punto de atención continuada, atención á saúde mental, e a base do 061. Trátase dunha das novas dotacións incluídas no plan da Xunta para o barrio da Residencia, en obras desde o mes de febreiro.

 

 

MULTIPLICÁRONSE POR CATRO AS AXUDAS Á DEPENDENCIA

O esforzo inversor en servizos públicos, afirmou o líder do PPdeG, permitiu multiplicar por catro as axudas á dependencia e duplicar as destinadas ao fogar.

 

Tamén se acometeu a reforma da residencia das Gándaras e nestes momentos está en execución unha nova residencia de maiores –en colaboración coa Fundación Amancio Ortega-. Con estas 120 novas prazas públicas para maiores, Lugo terá incrementado nun 50 por cento o número delas desde o ano 2009.

Ademais, a cidade conta cunha nova escola infantil en Garabolos, coa que se chega a case 1.000 prazas públicas en escolas infantís, duplicando a cifra de hai dez anos.

 

REHABILITACIÓN DA TINERÍA

Entre as actuacións desenvolvidas en materia de vivenda, tras rematarse as de protección pública de Garabolos, xa se sacaron a concurso público dúas parcelas, para a construción de 370 vivendas protexidas. Tamén vai continuar a rehabilitación da Tinería, un modelo para o resto de Galicia, na que xa se adxudicaron 80 vivendas rehabilitadas. Ademais de rematar cos traballos de rehabilitación en catro vivendas, adquiriranse novos edificios para a súa restauración e tramitarase a rehabilitación de dúas vivendas singulares, como son O Pazo de Dona Urraca e a Casa da Torre. 

Pola súa parte, o Plan Paradai leva executadas xa catro das sete fases. E para o barrio da Residencia hai un plan, que ademais de contar co primeiro centro integral de saúde, inclúe una nova residencia de maiores; unha oficina de formación e emprego; a central de biomasa, comezada a demolición da lavandería e a central térmica; o centro de emprendemento aeronáutico; e só queda pendente de instalar a nova Comisaría de Policía.

Nestes anos desenvolvéronse acción destacadas de apoio ao patrimonio cultural, por exemplo para o mantemento da Muralla, cun investimento de máis de 5 millóns de euros nos últimos 11 anos; ou da Catedral. Tamén o Auditorio, xa construído e equipado, e o proxecto de rehabilitación do Museo-Parador.

En materia de infraestruturas, destaca a posta en servizo do Corredor Sarria-Monforte, sendo o seguinte paso o desdobramento do corredor Lugo-Sarria.

 

 

GARANTIR MÁIS OPORTUNIDADES ECONÓMICAS

Hai que salientar que Lugo é o primeiro polo aeronáutico de avións non tripulados de España. Estas instalacións son as que elixen as principais multinacionais para desenrolar os seus proxectos, e para desenvolver e probar o maior dron civil de fabricación española.

Igualmente captáronse investimentos bonificando a adquisición de solo empresarial no Polígono das Gándaras, onde se puxeron a disposición máis de 870.000 metros cadrados, e será obxecto de ampliación.