O voceiro do Grupo Municipal de Ribadeo e candidato ás eleccións ao Parlamento de Galicia, Daniel Vega, fai un chamamento á tranquilidade, dado que neste municipio mariñao non se detectou ningún caso de covid-19. Deste xeito, o popular apela á responsabilidade cidadá e a seguir cumprindo as recomendacións sanitarias.
“Quero mandar un mensaxe de prudencia. De momento, o noso concello está libre de coronavirus, polo que, ante informacións infundadas, é preciso seguir coidándose e respectando a distancia social e o uso de máscaras”, afirma.
Vega pide, ademais, que non se faga caso de bulos mal intencionados e que acreditan a desinformación da realidade. A este respecto, adianta que “imos seguir adaptando todas as medidas sanitarias e así, entre todos, podemos axudar a que Ribadeo sexa unha vila libre do virus”, salientou.