Partido Popular de Lugo

O PP ribadense insiste no “total abandono das parroquias” por parte do goberno local

O PP de Ribadeo insiste en resaltar “o total abandono no que se atopan todas as parroquias do rural do municipio”.

 

Os populares non entenden que “distintos espazos naturais municipais se atopen nun estado tan lamentable” cando nos atopamos xa a finais do mes de xuño. Citan as áreas recreativas -coma as de Couxela, Cubelas, Vilamariz ou Cedofeita-, outros espazos de lecer e de ocio para os nenos e maiores e tamén pistas municipais que aínda están sen rozar. Engaden dende o Partido Popular ribadense que “tamén as estradas que son titularidade da Deputación se atopan no mesmo estado”.

 

Dende a formación popular explican que “o Concello dispón de maquinaria suficiente para conservar os espazos municipais nun estado óptimo”. A falta de actuacións neste sentido evidencia, segundo o Grupo Municipal Popular, que “o equipo de goberno non ten ningún plan estratéxico para o noso rural”. Unha vez máis, temos que lamentar a mala xestión en materia de conservación dos espazos municipais das parroquias”.

 

VERTEDOIROS INCONTROLADOS NO RURAL

 

Dende o Grupo Municipal Popular ribadense xa teñen denunciado nas últimas semanas “o abandono do rural” que se evidencia na aparición de distintos puntos de acumulación de lixo espallados polo rural do municipio. Ademais de pedir explicacións, os populares esixiron a retirada do lixo destes vertedoiros incontrolados, un deles nunha masa común pertencente ao Concello.