Partido Popular de Lugo

López Abella aborda coas mulleres rurais de Sarria a xestión do Goberno de Feijóo en prol da igualdade, conciliación e violencia de xénero

A candidata por Lugo e coordinadora de Igualdade do PPdeG, Susana López Abella, acompañada do voceiro do Grupo Municipal do PP de Sarria e deputado provincial, José Antonio García, abordou cunha vintena de mulleres rurais da zona a xestión e o traballado levado dende área que dirixe en materia de conciliación, igualdade e violencia de xénero. Neste senso, a popular tamén fixo fincapé nas axudas arbitradas dende a Xunta para paliar os efectos do covid-19. Foi o caso, por exemplo, do Bono Concilia, a través do que se dan axudas de 500 euros aos proxenitores para pagar un coidador e así poder compatibilizar a vida laboral coa familiar.

 

“Foi un encontro moi construtivo e participativo, no que escoitamos ás asistentes e explicamos tamén a importancia da coeducación e dos recursos que creamos dende a administración autonómica para formar e informar sobre estas cuestións e, sobre todo, para axudar a afrontar a crise sanitaria que nos deixa a pandemia. O Goberno de Galicia adiantouse na xestión do coronavirus, iso é indubidable, pero tamén o fixo no campo que me toca xestionar, e fixémolo con medidas como a indicada”, afirmou.

 

130 MILLÓNS DE EUROS

A xuntanza de traballo enmárcase na rolda de contactos que Susana López Abella está a levar a cabo por toda a provincia co fin de recoller as propostas das asistentes e explicar en primeira persoa cales os eixos de actuación levados a cabo dende que Alberto Núñez Feijóo chegou á Xunta de Galicia en 2009, así como as principais axudas concedidas. En total, preto de 130 millóns de euros cos que se prestou atención ás vítimas, se reduciu o seu desemprego, se crearon centros de acollida ou se mellorou a conciliación laboral e persoal.

 

José Antonio García, agradeceu a presenza da candidata lucense “porque non hai mellor maneira de que os cidadáns saibamos o que se fai dende as administracións que que o responsable en cuestión nolo conte de primeira man, e escoitando a Susana creo que queda claro que en materia de igualdade ou de prevención da violencia machista leccións ao Partido Popular de Galicia ningunha”.

 

Concretamente, a popular detallou que, dende ese ano, se destinaron máis de 43 millóns de euros a axudas para mulleres vítimas da violencia de xénero; case 2 millóns á atención psicolóxica tanto para este colectivo como para os menores; 2,6 millóns ao programa Rede Galega de Acollemento, a través do que se presta atención ás Casas de Acollida de Lugo Burela e Chantada; case 50 millóns á axudas en entidade locais para a promoción de igualdade; máis de 9 millóns para o Programa Emega, do que se beneficiaron máis de 700 mulleres e se crearon 1.275 empregos; máis de 6,3 millóns para a conciliación laboral e persoal; máis de 13 millóns a subvencións para entidades de iniciativa social para mulleres en situación de vulnerabilidade e preto de 3 millóns para axudas ao fomento do asociacionismo feminismo.

 

MARCO NORMATIVO

Ademais, sinalou López Abella, “a Xunta tivo un papel moi sinalado no marco lexislativo e na creación de distintos observatorios, cos que podemos dicir, que Galicia dispón dun marco orgánico e legal que ampara esta lacra”. A modo de exemplo, citou a lei 5/2010 pola que se establece e regula unha rede de apoio á muller embarazada ou a constitución da Rede de entidades Locais contra a violencia de xénero, logo dun convenio coa FEGAMP, da Comisión Interdepartamental da Igualdade, do Observatorio Galego da Violencia de Xénero, ou da Comisión Asesora de Publicidade non Sexista ou do Consello Galego das Mulleres.

 

A lei 2/2014 pola igualdade de trato e non discriminación de lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais de Galicia; a modificación da Lei Galega de Violencia de Xénero; a creación do I Plan de Igualdade no ámbito educativo; diferentes campañas de prevención e convenios con asociacións como Fademur, Femuro, asosicacións rurais da provincia, etc; a posta en marcha de maneira pioneira en España da asistencia integral dos orfos vítimas da violencia de xénero; ou a creación da primeira vivenda tutelada especializada para mulleras vítimas da violencia con enfermidade mental, foron outras das actuacións que destacou a popular no encontro.

 

“En materia de igualdade e de violencia de xénero nunca é suficiente todo o traballo feito, pero si que é importante poñelo en valor. Somos e son consciente de que queda moito por facer. O compromiso de Alberto Núñez Feijóo é indiscustible se nos fixamos neste balance. Se a partir do 12 de xullo acadamos a confianza dos galegos e galegas, xa vos adianto que seguiremos na mesma senda e, sobre todo, con máis feitos e realidade porque entendemos que só así se pode gobernar”, concluíu.