Partido Popular de Lugo

O PP de Ribadeo insiste en que a ausencia de planificación do goberno local provoca que a zona rural estea invadida de maleza

O Grupo Municipal do Partido Popular de Ribadeo insiste en que a ausencia de planificación do goberno local provoca que a zona rural estea invadida de maleza. Este desleixo do alcalde e do seu equipo constátase, por exemplo, en sendas tan promocionadas como o Camiño do Encanto, en Cubelas, que se atopa, como moitas outras, totalmente intransitable.

 

“Seguimos encontrando falta de planificación deste goberno á hora de limpar as pistas rurais. O abandono é constante. Non pode ser que esteamos entrando en xuño e estes accesos se atopen nestas condicións”. É, por este motivo, sinala a edil Elena Sierra, que “lle pedimos ao rexedor que cumpra coa súa responsabilidade e dea as instrucións oportunas”. E é que, engade, “non desbrozar os accesos ten un dobre risco. Por unha banda, aumentan as posibilidades de incendio e, pola outra, tamén aumenta a probabilidade de accidentes”.

 

A popular solicita así ao executivo “máis rigor na xestión”, pois a entidade local dispón en propiedade de 2 tractores que, cunha correcta programación, son suficientes para realizar os traballos de desbroce en tempo e prazo. “É unha pena que a zona rural se atope tan abandonada. Os veciños non merecen un goberno que actúa tarde mal e arrastro”, sentencia Elena Sierra.