Partido Popular de Lugo

O goberno da Deputación tumba a moción do PP en apoio á competitividade de Alcoa-San Cibrao e do futuro dos traballadores

O goberno provincial, formado por socialistas e nacionalistas, votaron en contra da moción presentada polo Partido Popular en defensa da competitividade de Alcoa-San Cibrao e do futuro dos seus traballadores. Chama a atención a postura dos dous grupos da esquerda tendo en conta a exposición que fixeron durante a sesión plenaria onde, pouco menos, suxire Castiñeira, que se abanderaron de liderar a solución da factoría. Pola contra, os populares si que demostraron estar ao carón dos traballadores e do mantemento da produción industrial da factoría, votando a favor das iniciativas presentadas polo PSOE e o BNG respecto deste asunto.

 

Esta postura inexplicable e inxustificable do equipo de goberno prodúcese, ademais, no día no que a multinacional vén de convocar para este xoves aos axentes sindicais para trasladarlles a medidas laborais que prevé levar a cabo nos próximo días; cuestión que, en palabras de Castiñeira, “aínda resulta máis preocupante”. É por este motivo polo que o voceiro do PP sinalou que se Alcoa chega a esta situación é pola irresponsabilidade dos socialistas.

 

Tal é así que, durante a súa intervención, o voceiro do PP, deixou claro que a solución pasa única e exclusivamente por aprobar un estatuto que recolla as alegacións presentadas ao mesmo e que si dan resposta ás demandas dos axentes sindicais e dos traballadores. “É unha mala noticia a que coñecemos hoxe, polo que quizais o que debatamos hoxe non solucione nada para os próximos días”.  E é que, apuntou o voceiro, “segue o Goberno sen o estatuto electrointensivo coas alegacións”; unha inacción que tamén se reproduce na Deputación de Lugo, que, dixo, “non fixo nada porque parece que non lle interesa o tecido empresarial, a pesares de que lle ofrecemos que chamase ás empresas para saber a problemática dos sectores”.

 

“Non quixeron montar a mesa que pedimos, a sabendas de que están dando mal os números da fábrica e o covid está mermando o consumo interno e rebaixando a produción”. Isto é o que levou ao popular a concluír que “Tome descoñece o que representa Alcoa para a provincia”. “Se non aprobamos o estatuto que, por certo, non figura na súa moción, as consecuencias para os traballadores e as familias van a ser tráxicas”. Unha situación, explicou, que se agravará, aínda máis, coa aprobación por parte do Goberno da lei do cambio climático que, prexudica, dixo Castiñeira, “a Alcoa e que acabará con As Pontes”.

 

“O presidente que menos fixo por Alcoa”

“Non fixeron nada e iso sábeno. Agora queren xustificar  algo e por iso traen esta moción. Vostede pasará á historia como o presidente que menos fixo por Alcoa nos momentos que o necesitaba”, sentenciou Castiñeira, quen lle pediu a titular provincial que “escoiten aos representantes sindicais e aos traballadores porque o estatuto, tal e como o presentaron non vale absolutamente para nada. Non se ciñan só ao problema das auxiliares ou das ETTs porque a cuestión é moitísimo maior”, sinalou.

 

Traballo do PP

Vendo a desidia do goberno provincial, o Grupo do PP, que dirixe Castiñeira, púxose en contacto en varias ocasións co comité e comprometeuse a traballar para que as administracións competentes na materia, isto é o Executivo de Sánchez, garantise a viabilidade da fabrica mariñá. A este traballo hai que engadir, explicou,  o esforzo do presidente Feijóo e do conselleiro de Industria. Foi, precisamente, este último o que anunciou que o Goberno de Galicia está disposto á modernización de infraestruturas; un compromiso que pouco servirá se dende o Estado non se asume a competencia de aprobar un documento que garanta un prezo competitivo para as electrointensivas, sinalou o voceiro popular.