A situación de Alcoa e as continuas alarmas sobre a súa viabilidade seguen preocupando e mantendo moi activo ao Partido Popular da Mariña. Neste senso, os representantes desta formación nos concellos de Viveiro, Burela, Ribadeo, Cervo, Xove e O Vicedo -Óscar Rodríguez, Manuel Rouco, Demetrio Salgueiro, Alfonso Villares e Jesús novo, respectivamente-, acompañados da presidenta provincial, Elena Candia, abordaron este sábado, nunha reunión telemática cos deputados nacionais e senadores lucenses; concretamente con Jaime De Olano e Joaquín García Díez, e con José Manuel Barreiro e Rosa Arza, a crítica situación da factoría mariñana, debida ao elevado prezo da enerxía e á ausencia dun estatuto ue recolla as demandas plantexadas polo sector para que a empresa poida competir con respecto a outras electrointensivas que existen noutros países como Francia ou Alemaña, e así manter tanto a súa produción como os empregos que xera de xeito directo e indirecto.
Os populares manifestaron que esta factoría se atopa “en punto morto dende hai 18 meses pola absoluta inacción do Goberno”. Así o indicaron, por exemplo, Jaime De Olano, que xunto con Joaquín García Díez, trasladaron os participantes as últimas iniciativas presentadas na Cámara Baixa co fin de “non baixar a garda” e seguir presionando ao Executivo de Sánchez para que dea unha solución á empresa de San Cibrao e, con elo, ás 5.000 familias que dependen da mesma.
“Llevamos 18 meses en los que el Gobierno sigue sin hacer nada y sin tomar decisiones”, apuntou o tamén vicesecretario de Participación, indicando que o estatuto aprobado por Pedro Sánchez “no da ninguna garantía ni a Alcoa, nin al sector en general”. “Parece que está más preocupado de meter a Pablo Iglesias en CNI y a 26 altos nuevos cargos que del empleo y de la supervivencia de las empresas de nuestro país”, criticou De Olano.
Na mesma liña, José Manuel Barreiro deu conta das preguntas e iniciativas presentadas no Senado e que van encamiñadas no mesmo obxectivo de trasladar ao Goberno que a responsabilidade do mantemento das electrointensivas depende única e exclusivamente do Executivo español, obtendo ata o de agora, dixo, “nin unha soa decisión favorable a este respecto”. “Tal é así que a ministra de Transación Ecolóxica compareceu hai poucos días no Congreso sen despexar nada sobre o futuro da fábrica e, todo elo, mentras as noticias sobre a multinacional continúan sendo negativas”. Refírese o popular a que, por exemplo, dúas auxiliares de Alcoa, Reymogasa e Cyrgasa, veñen de presentar senllos Ertes despois de que a multinacional fixese público a súa renuncia á brascaxe de cubas de electrolise na planta de aluminio.
Os alcaldes piden unha tarifa eléctrica competitiva
Un factor principal para a competitividade e o futuro desta fábrica está determinado polo custo da enerxía, xa que para transformar alúmina en aluminio é preciso un proceso de electrólisis intensivo no uso da electricidade. Só Alcoa San Cibrao ten un consumo eléctrico equivalente a 30.000 fogares. Precisamente, a factura eléctrica representa un dos gastos máis importante, pois, nestes momentos, o prezo da electricidade en España é un 50% máis elevado que en Alemaña ou Francia.
O rexedor de Cervo foi moi claro: “só hai unha solución para Alcoa, que o Goberno Central aprobé unha tarifa eléctrica que lle permita competir. Querer falar doutras cousas e meter a outros actores no debate e non querer arranxar o problema”. Neste senso, Alfonso Villares pídelle ao Executivo que “non nos quite o que tiñamos e que evite que ese diñeiro se vaia a outros países”, remarca.
Pola súa banda, Demetrio Salgueiro insistiu na necesidade inmediata de que o Goberno aprobe un estatuto coas modificacións que se presentaron a través das distintas alegacións. “Malia o prezo existente da enerxía, o diferencial aquí segue sendo o mesmo ou incluso maior”, manifesta.
Inacción tamén do PSOE lucense
A presidenta provincial lembrou que o Partido Popular seguirá estando cos traballadores da fábrica, “como así o manifestamos en distintas visitas á fábrica, en distintas reunións co comité de empresa e en distintas manifestacións públicas”. Neste senso, adianta que “seguiremos pedindo o que sempre pedimos e que é moi concreto: que o Goberno aprobe un estatuto que garanta a produción da fábrica e os empregos directos e indirectos que mantén”.
Con todo, Elena Candia tamén puxo a ollada na “cativa” responsabilidade que están a amosar os responsables locais e provinciais do Partido Socialista respecto deste asunto. “Seguen de perfil, preferindo defender antes a Pedro Sánchez que aos seus veciños, á súa provincia, e á súa comarca”, sentenciou.