Partido Popular de Lugo

O PP denuncia que a falta de diálogo de Llano fai que o mercado do venres non se celebre

Dende o PP de Burela xa avanzaron esta semana que “a falta de diálogo de Llano podía facer que o mercado do venres non se celebrara”, e así sucedeu.

 

“E é que o alcalde de Burela foi incapaz de falara cos axentes implicados para escoitar as súas reivindicacións. Enténdase neste sentido: Acia, Asociación de Veciños, hostaleiros e os propios comerciantes que ata o de agora acudían a por á venda os seus produtos na nosa vila”, indican dende o PP.

 

E seguen, “non sería por falta de advertencias, pero non, o alcalde se non impón a súa vontade non está satisfeito. Conseguiu o que ninguén lograra en toda a historia de Burela, nada máis que o estado de alarma, pechar o mercado”.

 

Dende o PP levan pedíndolle diálogo e consenso para a toma de decisións dende hai meses pero “o Sr. Llano non entende o que é iso, por moito que llo repitan, e hoxe veuse unha proba máis”.

 

Neste senso, aclaran, “agora é o momento de estar todos unidos pero o actual modo de levar o goberno de Burela provoca xustamente o contrario”. “Llano, en lugar de buscar esa unidade que lle reclamamos, o único que fai é inferir descualificacións aos membros da oposición, tal e como se puido comprobar nos últimos plenos retransmitidos telematicamente”.

 

“O de Burela foi o único mercado de tódolos celebrados na Mariña onde os comerciantes tiveron problemas para reanudar a súa actividade”, explican os populares.

 

“O alcalde, desbordado polos acontecementos, incapaz de levar a cabo un regulamento para o mercado, que prometeu xa hai anos, e co silencio cómplice do outro partido da oposición, segue a levar a Burela cara ao abismo. Está a poñer en risco a continuidade dun aliciente histórico para a economía e o turismo de Burela”, conclúen dende o PP.