Partido Popular de Lugo

Daniel Vega resalta o investimento nas infraestruturas portuarias de Ribadeo dende que Feijóo goberna a Xunta

O voceiro do grupo municipal popular de Ribadeo, Daniel Vega, resalta o investimento nas infraestruturas portuarias deste municipio dende que Feijóo goberna a Xunta de Galicia, e que ascenden a 7,9 millóns de euros. Así o expón logo de que Portos de Galicia anunciase o inicio das obras de dragado de acceso ao porto, que superan os 325.000 euros.

 

“É unha actuación esta moi necesaria, que os ribadenses estabamos agardando e tamén o tecido portuario local, xa que é un primeiro dragado de urxencia que se completará nos vindeiros meses”, afirma, pero tamén é, indica, “un exemplo máis de que o Goberno de Galicia non só goberna, senón que tamén xestiona”.

 

Proba delo, especifica Daniel vega, é o investimento total que fixo só este organismo dependente da administración autonómica nas infraestruturas portuarias de Ribadeo; 7,9 millóns que se distribúen do seguinte xeito:

 

  • Ensanchamento do peirao e canle de navegación: 4.249.068 euros
  • Naves do porto: 549.000 euros
  • Aumento cota de coroación do peirao comercial: 628.709 euros
  • Edificio de Servizos Portuarios: 461.123 euros
  • Acondicionamento do borde portuario: 1.193.378 euros
  • Obras no Clube Náutico de Ribadeo: 39.766 euros
  • Botaolas de protección nas instalacións náutico deportivas: 42.930 euros
  • Subministro eléctrico aos departamentos de Porcillán: 15.000
  • Reforzo da estabilidade do noiro do peirao comercial: 270.000
  • Reforzo do firme do peirao comercial: 60.000 euros
  • Plan de investimentos menores en portos: 113.512 euros
  • Mantemento en infraestruturas portuarias: 283.410 euros