Partido Popular de Lugo

O PP de Burela denuncia a total ausencia de xestión de Llano á fronte do Concello

Os populares de Burela denuncian que “apesares de que o Concello, por desgraza, está a funcionar ao ritmo que lle gusta levar ao alcalde Llano, é dicir a ralentí, este esquecese meter para o pleno telemático da vindeira semana o Plan Único”.

 

O voceiro popular, Manuel Rouco, indica que, “esta evidente falta de previsión por parte do rexedor tentouse solventar, pola porta de atrás, incluíndo ese punto por vía de urxencia onte a última hora da mañá”. Neste senso, para Rouco “tampouco é comprensible que a estas alturas do ano non se celebrara aínda o pleno dos presupostos municipais tendo en conta a situación tan extrema e urxente na que nos atopamos e logo dos infinitos anuncios que leva feitos sobre este tema o alcalde”.

 

“O departamento de intervención, ata onde nos sabemos, non debería verse afectado polas escasas medidas excepcionais que tomou Llano e que paralizan a actividade municipal. Cal é pois o motivo de tanto retraso?, non será que non hai nada feito por parte de alcalde que, lembremos, xa non se atopa en funcións e do seu equipo de goberno a este respecto?”, pregúntanse dende o Grupo Municipal Popular.

 

Dende o PP consideran que “moito nos tememos que todo isto só aventura unha cousa, uns presupostos represivos para Burela que van afondar aínda máis na crise que xa está a padecer a nosa vila”.

 

Unha nova semana sen comité de seguimento do Covid-19

Por outra banda, “agora que o alcalde Llano non ten escusa para facer o comité de seguimento do Covid-19, pois xa puxo a funcionar, case que con un mes de retraso dende o seu anuncio, o sistema telemático para poder levar a cabo reunións con total seguridade, comprobamos que esta semana tampouco se vai a celebrar dito comité, non será porque non hai cuestións das que informar”, apunta Rouco.

 

E é que, “das seis semanas de estado de alarma, tan só en tres se celebrou algunha reunión”. “Parece que Llano se decanta por outorgarlle un papel meramente testemuñal a dito comité, sen sacarlle todo o partido que podería e que redundaría no beneficio de tódolos veciños e veciñas de Burela”, sentencia o voceiro dos populares.