Partido Popular de Lugo

Os senadores do PP lucense preguntan ao Goberno polas accións de apoio previstas para axudar á industria vitivinícola da Ribeira Sacra

Os senadores populares pola provincia de Lugo preguntarán ao Goberno na Cámara Alta sobre as accións que ten pensado levar a cabo para axudar á industria vitivinícola da Ribeira Sacra nesta crise derivada do Covid-19.

 

Os populares consideran que “é fundamental que o sector non perda as subvencións que xa estaban previstas para poder executar os proxectos planificados no futuro”. Así mesmo, “resulta imprescindible establecer unha liña de axudas que contribúa a paliar os graves efectos económicos que a crise sanitaria está provocando no sector vitivinícola da Ribeira Sacra”, tal e como defenderán no Senado.

 

Os representantes do PP pola provincia de Lugo no Senado son conscientes de que “o sector do viño da Ribeira Sacra está padecendo unha importante problemática como consecuencia do impacto económico negativo derivado das medidas para contar a pandemia do COVID-19”. É máis, “a situación é incerta para todas as bodegas: tanto para as que teñen cesada a súa actividade de forma temporal coma para as que se manteñen activas, pero viron diminuídos os seus ingresos”.

 

Deste xeito, explican que “a merma de ingresos das bodegas que distribúen para o sector hostaleiro debido ao peche temporal deste tipo de establecementos recollido no decreto da declaración do estado de alarma para frear a expansión do coronavirus”. As perdas do sector constátanse tamén na maioría das bodegas porque só 15 das 96 que existen na Ribeira Sacra comercializan o seu produto de forma directa a través da Internet”.

 

Suspensión de actos e das iniciativas de replantación e reestruturación

Engaden tamén os populares que “a suspensión dos actos e celebracións programadas e para as que o sector levaba invertendo recursos humanos e materiais durante meses supuxo un grave trastorno para as bodegas”. E que “iniciativas coma a replantación e a reestruturación dos viñedos ou a participación en feiras internacionais, que xa estaban programadas, non se poderán levar a cabo polo momento”, advirten.