A Xunta de Galicia incrementa nun 64,7% o SAF nos concellos de Ribas de Sil e de A Pobra do Brollón mentras dure o estado de alarma. Así o poñen en valor os voceiros destes dous municipios, Isaac Lamas e Fernando Parada, respectivamente, quenes, ademais, destacan que o Goberno galego “faino a custe cero para os usuarios”. “Paga o 100% do servizo”, remarcan.
Este reforzo supón que atención a dependentes, no primeiro caso, é de 527 horas e, no segundo de 833; o que fai un total de 814 e de 1.287 e cada un dos Concellos citados.
A decisión do Goberno galego inclúese non Plan social de continxencia impulsado polo Executivo de Feijóo para paliar os efectos do Covid-19. “Trátase dunha boa nova que, unha vez máis, vén da man da Xunta de Galicia e que cobra máis importancia se temos en conta que as persoas dependentes ou as persoas maiores son os colectivos máis vulnerables ao coronavirus”, apuntan Lamas e Parada.
O obxectivo deste incremento extraordinario é proporcionar unha atención profesional a todas aquelas persoas que: 1) non eran usuarias do Servizo de Axuda no Fogar 2) eran usuarias dun centro de día pechado 3) estaban tramitando o seu SAF pero aínda non o recibiron. Para o criterio de reparto empregaron: horas dispoñibles, existencia dun centro de día pechado, número de usuarios actuais e unha cantidade mínima por Concello.
“Estamos nunha situación difícil, polo que é necesario priorizar o gasto para prestar atención e garantir a protección a quen máis o precisa. Cremos que é importante que se aumente a atención a dependentes e que non se lles cobre por iso. Pensamos que é importante poñer en valor este esforzo da Xunta porque os beneficiarios van estar mellor e máis atendidos”, conclúen.