A senadora lucense e voceira de Xuventude na Cámara Baixa, Rosa Arza, demanda ao Goberno central que explique que medidas está a levar a cabo para facilitar que os estudantes lucenses e galegos que están a cursar os seus estudos no estranxeiro poidan voltar aos seus fogares durante o estado de alarma.
A popular fai esta petición porque son moitos os mozos que, no marca do programa de mobilidade europea para universitarios, se atopaban fóra do país cando comezou a pandemia do Covid-19 e as embaixadas non lles ofrecen ningunha solución viable. Esta situación agrávase aínda máis se agrava se se ten en conta que a crise sanitaria obrigou ao peche de fronteiras comunitarias para a libre circulación de persoas e ás restrición de voos para que os estudantes poidan retornar. Así llo trasladaron diversos afectados, entre eles unha estudante de Foz que se atopa na República Checa.
Dado que, na actualidade, estes universitarios galegos “están atrapados” nos países nos que desenvolven a súa actividade económica, a senadora sospeita que ademais se teñen que enfrontar “á inacción do Estado, deixándoos a eles e ás súas familias nunha situación de gran impotencia e desamparo”. É por este motivo, polo que dende o PP consideran necesario que o Executivo central renda contas a este respecto.