Partido Popular de Lugo

Novo reparto con gran aceptación do xornal popular “Galicia, Galicia, Galicia…GALICIA” en Lugo, Monforte, Sober e Viveiro

Ao longo da provincia proseguiu hoxe o reparto do xornal popular Galicia, Galicia, Galicia… GALICIA. No sur da provincia participaron no reparto as candidatas Katy Varela, en Monforte, e Raquel Arias, en Sober. Na capital da provincia a distribución desta publicación correu a cargo de Ramón Carballo e concelleiros do Grupo Municipal Popular. En Viveiro hoxe foron os concelleiros populares os encargados de entregar aos veciños exemplares do xornal no que Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta e candidato a repetir no cargo, sostén nunha entrevista: «Fun, son e serei un presidente libre que só se debe a Galicia». Na mesma entrevista explica porque hoxe Galicia crece, ten menos paro, menos impostos e máis e mellores servizos públicos.