Partido Popular de Lugo

O PP sinala en Monforte “a necesidade de que Feijóo repita como presidente da Xunta para que se cumpra a previsión de rematar este ano a sinalización do Camiño de Inverno”

As candidatas do PP ao Parlamento galego pola provincia de Lugo, Raquel Arias e Katy Varela, sinalaron en Monforte “a importancia e a necesidade da continuidade de Feijóo como máximo mandatario do goberno de Galicia para que se cumpra a previsión de que este ano quede rematada a sinalización de todos os itinerarios xacobeos e se siga a potenciar este recurso patrimonial que está a ser clave para o turismo e a economía provincial e galega”. A este proxecto a administración autonómica destina 12 millóns de euros este ano, dos que o Camiño de Inverno recibe un total de 3 millóns de euros para actuar en 175 quilómetros de 13 municipios. “Esta é a ruta lucense que percibe o maior investimento”, subliñaron as populares.2

As candidatas do PP ao Parlamento galego pola provincia de Lugo, Raquel Arias e Katy Varela, sinalaron en Monforte “a importancia e a necesidade da continuidade de Feijóo como máximo mandatario do goberno de Galicia para que se cumpra a previsión de que este ano quede rematada a sinalización de todos os itinerarios xacobeos e se siga a potenciar este recurso patrimonial que está a ser clave para o turismo e a economía provincial e galega”. A este proxecto a administración autonómica destina 12 millóns de euros este ano, dos que o Camiño de Inverno recibe un total de 3 millóns de euros para actuar en 175 quilómetros de 13 municipios. “Esta é a ruta lucense que percibe o maior investimento”, subliñaron as populares.

 

As candidatas recordaron durante o reparto realizado na cidade do Cabe do xornal “Galicia, Galicia, Galicia…Galicia” elaborado polo PPdeG para achegar aos galegos a figura do candidato á Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que “recentemente o conselleiro de Cultura mantivo unha xuntanza de traballo cos representantes dos 14 concellos polos que transcorre o Camiño de Inverno na que trasladou as accións de sinalización, acondicionamento e mellora que a Xunta levará a cabo nesta ruta na antesala do Xacobeo 2021”. As actuacións realizaranse en 190 quilómetros deste itinerario por un importe inicial de 1,5 millóns de euros e supoñen a culminación dos investimentos do Plan Director do Camiño de Santiago.

 

Arias e Varela explicaron que se trata de preparar este itinerario de cara ao próximo ciclo Xacobeo que comezará en 2021. Cómpre destacar o potencial de crecemento desta ruta e que o ano pasado experimentou un incremento do 47% segundo as cifras da Oficina do Peregrino. Entre as súas particularidades, o Camiño de Inverno é o único itinerario que transcorre polas catro provincias, ademais de atravesar o corazón da Ribeira Sacra, que opta a ser declarado Patrimonio da Humanidade.

 

Sinalización das rutas de cara ao Xacobeo 2021

 

As candidatas do PP da nosa provincia ao Parlamento galego sinalaron que “a sinalización do Camiño de Santiago é unha das diversas iniciativas nas que traballa a Xunta para preparar o Xacobeo 2021, como o Plan de mantemento cun orzamento de 15,6 millóns de euros, o Plan de albergues que conta con 7 millóns de euros para crear 8 novos establecementos ou as axudas aprobadas a semana pasada do Plan de Embelecemento para acometer un cento de actuacións de mellora paisaxística”.

 

O auxe económico do Camiño

 

O Camiño é un elemento claramente dinamizador da economía local, pois en 2019, segundo datos do Instituto Nacional de Estatística (INE), a súa demanda incrementouse en máis dun 6%, chegando aos 347.578 peregrinos. No que respecta ás catro rutas que pasan pola provincia, o Francés, cun 64,64%, e máis de 189.000 peregrinos, foi o máis demandado. Detrás, sitúanse o Norte (19.019 camiñantes), o Primitivo (15.715) e o de Inverno (1.035).