Partido Popular de Lugo

Tito Suárez reivindica “as mesmas condicións para o deporte no rural que na vila de Ribadeo”

O voceiro do Grupo Municipal Popular de Ribadeo, Daniel Vega, achegouse á parroquia de Cubelas xunto ao coordinador de deportes do PP ribadense, Tito Suárez, para manter un encontro con membros do Cubelas FS “que contan con novas mochilas de viaxe grazas á colaboración da Xunta de Galicia e á xestión do Grupo Municipal do PP”.

 

Seguindo a liña de colaboración coas distintas asociacións deportivas, os populares ribadenses achegáronse ao rural para reivindicar que “o deporte desta zona ten que estar nas mesmas condicións que o da vila”.

 

Tito Suárez sinala que “o Cubela FS é un equipo modesto, formado por rapaces con moita ilusión e gañas, e que están obtendo, ademais, moi bos resultados na liga na que compiten. Pero, como contraposición, atopamos a desidia do goberno ribadense” que se aprecia nas precarias instalacións coas que conta o Cubelas FS para a práctica deportiva, nada acordes cos tempos nos que nos atopamos”.

 

 

Os populares demandan “axeitadas” instalacións deportivas no rural

 

Dende o Grupo Municipal Popular demandan, polo tanto, “unha actuación nas súas instalacións para garantir unha práctica deportiva axeitada seguindo condicións de igualdade entre o deporte no rural e o deporte na vila de Ribadeo”.

 

Os populares manifestan o seu apoio ao deporte no rural do que “nos sentimos orgullosos”, segundo apunta Tito Suárez.