Partido Popular de Lugo

Feijóo reivindica a estabilidade institucional, a unidade e a moderación dos últimos 11 anos como obxectivo da próxima lexislatura

Baixo o marco de ‘Un café con Feijóo’, que tivo lugar esta tarde en Chantada, incidiu en seguir cumprindo o compromiso de estar en contacto coa xente para coñecer as súas inquedanzas e prioridades.

 

Puxo en valor o proxecto que o PPdeG ten para a Galicia do ano 30 e que, no caso de Chantada, pasa pola Declaración de Patrimonio da Humanidade da Ribeira Sacra, “o instrumento máis potente” para os próximos vinte anos.

 

Así, referiuse á rehabilitación de 2.000 vivendas en dez anos, á posta en valor con máis intensidade do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra ou a unha maior protección na paisaxe.

 

O sector vitivinícola foi outro dos ámbitos nos que fixo fincapé, ao ser, sinalou, clave para Ribeira Sacra. Neste senso, recordou que, de cada 100 botellas, expórtanse 25, o que pon de manifesto que se trata dun sector estratéxico para toda esta zona.

 

Continuar coidando aos nosos maiores -300 reciben axudas de dependencia no municipio- e seguir traballando nas políticas agrarias serán outras das prioridades.

 

Para Feijóo, a estabilidade institucional, a moderación na forma de gobernar, a centralidade nas políticas e a unidade é o obxectivo da próxima lexislatura.

 

Sobre as listas do PPdeG, salientou que “é un equipo de xente que vale para o goberno, para altos cargos da Comunidade e, por suposto, que van ser excelentes parlamentarios”.

 

Neste senso, anticipou que os membros do Executivo autonómico conformarán esas listas, “porque este goberno que conseguiu estabilidade merece ter un posto no Parlamento de Galicia”.

 

“En Lugo facemos unha aposta moi potente, que é pedirlle á alcaldesa de Mondoñedo e presidenta do partido que dea un paso á fronte para poñer en valor toda a provincia”, apuntou. E, sobre Francisco Conde, dixo que é “un baluarte”, un peso pesado do Goberno galego.