Partido Popular de Lugo

Feijóo di que Vilalba é “unha prioridade máxima” para o Goberno galego e pon en valor o investimento realizado na vila

Baixo o marco de ‘Un café con Feijóo’, que tivo lugar esta tarde en Vilalba, sostivo que o PPdeG seguirá traballando para coñecer máis polo miúdo as inquedanzas de cada un dos cidadáns.

 

Destacou o compromiso do Goberno galego con Vilalba e fixo fincapé no incremento de servizos públicos e na mellora do centro de saúde e do auditorio e nos investimentos en saneamento e abastecemento.

 

Recordou a posta en marcha da escola infantil, con 74 prazas novas, os 7 obradoiros de emprego desenvolvidos e os máis de 60 millóns de euros destinados nos últimos anos ás familias que se dedican á gandería e á agricultura.

 

Puxo en valor que nos anos de crise “fomos capaces de comunicar e de facerlle unha autovía cara o mar” e de unila coa Coruña e Ferrol, o que supuxo unha maior vertebración e competitividade deste territorio.

 

“Nos últimos anos, estamos vendo como esta vila se está convertendo nunha das grandes capitais de España no sector lácteo”, non só, destacou, polo impacto do leite que se recolle nesta zona, senón tamén pola súa transformación en queixo.