Partido Popular de Lugo

De Olano e García Díez mantéñense como referentes nas áreas de Facenda e de Pesca; un dos sectores de vital importancia para a provincia

Os deputados no Congreso, Jaime De Olano e Joaquín García Díez, ocupan destacadas Comisións no Congreso. O primeiro, que tamén é o vicesecretario de Participación do PP, vén de ser nomeado vicepresidente segundo da Comisión de Facenda e vogal nas de Orzamentos e Xustiza.

 

Polo que respecta a García Díez, o lucense repite como voceiro de Pesca na Comisión de Agricultura e Pesca; un dos sectores de vital importancia para a provincia. Tamén será voceiro adxunto de Exteriores na Comisión de AAEE e vogal na de Seguridade Vial.

 

Os populares agradecen á dirección do Partido a confianza depositada neles para desenvolver os cometidos encomendados, comprometendo “traballo intenso e a ser a voz da provincia nos distintos órganos”.

 

Áreas consolidadas

 

Jaime De Olano terá así un papel relevante na área de Facenda e García Díez na de Pesca, tal e como xa o tiveron durante o Goberno de Mariano Rajoy.

 

O mariñao é concelleiro do PP en Viveiro e deputado no Congreso dende o 2011 onde exerceu como voceiro adxunto do Grupo Parlamentario Popular desde xullo de 2018 e, previamente, como voceiro de Orzamentos.

 

Joaquín García Díez, número 2 da lista dos populares, é biólogo. Foi alcalde de Lugo e formou parte dende o 2004 do Grupo Parlamentario Popular na Cámara Baixa onde foi voceiro de Pesca e voceiro da mesma materia na Comisión de Agricultura, Pesca e Alimentación.