Partido Popular de Lugo

Os senadores lucenses asumen un destacado papel nas Comisións da Cámara Alta

Os senadores lucenses asumen un papel destacado nas Comisións da Cámara Alta. Deste xeito, o número 1 por Lugo, José Manuel Barreiro, será o voceiro adxunto e coordinador da área económica do Grupo do PP, vicepresidente de Asuntos Económicos e Transformación Dixital e vogal da Comisión Xeral de Comunidades Autónomas, Incompatibilidades

 

A número 2, Rosa Arza, será a voceira de Xuventude e voceira adxunta da de Dereitos de Familia, a Infancia e Adolescencia. Formará parte tamén das de Igualdade, Función Pública e Incompatibilidades.

 

O número 3, Manuel Lorenzo Varela, será o vicepresidente da comisión de Regulamento e vicevoceiro da de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento, e membro das de Despoboamento e Reto Demográfico e da de Petición.

 

Os tres senadores amosan a súa satisfacción polos nomeamentos, asumindo, din, “un compromiso total cos españois, cos galegos e os lucenses”.

 

Dilatada traxectoria

 

Os tres senadores contan cunha dilatada traxectoria e experiencia política. É o caso de José Manuel Barreiro, que encabezou a candidatura do PP pola provincia ao Senado nas pasadas eleccións xerais de novembro. Doutor en Ciencias Económicas e Empresariais e catedrático da USC, é na actualidade voceiro adxunto do Grupo Popular na cámara territorial, onde tamén exerceu, previamente, como voceiro e voceiro de Economía.

 

Rosa Arza é xestora administrativa; concelleira de xuventude, voluntariado e turismo no Concello de Quiroga dende o 2011 e presidenta de NNXX da provincia.

 

Manuel Lorenzo Varela, é diplomado en Ciencias Sociais e alcalde de Chantada dende 1996 ata 2007 e dende 2011 ata a actualidade. Tamén foi deputado provincial dende 1998 ata 2011.