Partido Popular de Lugo

O PP de Láncara critica a morosidade do goberno local

Os populares de Láncara critican a xestión do goberno local en relación ao pago de facturas a provedores que se retrasan “excesivamente”. Así o sinalan en relación á orde de pagamento que realizaron na xunta de goberno do 26 de decembro correspondente a facturas emitidas, nalgún caso, fai nove ou máis meses.

 

Dende o Grupo Municipal do PP afean ao goberno local do PSOE esta tardanza “tendo en conta que a maior parte dos provedores dos materiais adquiridos para acometer obras son veciños e veciñas do municipio propietarios de pequenas empresas de servizos aos que se lle tarda en pagar as facturas”. De feito, explica que “estamos a falar, nalgún caso, de facturas emitidas en xaneiro, febreiro ou marzo das que non se ordenou o pagamento ata despois de Nadal”.

 

A este respecto, o popular cre que “isto non é serio por parte dunha administración local que contan coa liquidez suficiente para afrontar estes pagos” e critica que “o goberno local garde as facturas nun caixón durante un período longo de tempo; pero, ao mesmo tempo, presuma de pagar aos provedores nun prazo curto”. É máis, apunta que “o alcalde cobra o seu salario puntualmente mes a mes”.

 

Tamén é “excesivo” para os populares o número de convidados a unha comida que se desenvolveu con motivo da feira do ano, o 1 de maio do ano pasado. Á

pregunta formulada no pleno polo Grupo do PP con respecto á orde de pago doutra factura onde constaba como concepto “79 menús”, o goberno local manifestou que se trataba de gandeiros e autoridades.

 

Os populares, que pedirán a listaxe dos convidados, aseguran que “os gandeiros, que son os que fan posible a feira do ano na que o gando é o protagonista, non foron invitados”. É máis, “aínda por riba tardaron en recibir o importe correspondente ao premios outorgados no concurso de gando”. É por iso polo que dende o Grupo Municipal do PP de Láncara esixirán explicacións ao equipo de goberno local sobre ese gasto que “non vemos debidamente xustificado”.