O Partido Popular de Navia critica publicamente que, cada vez que o alcalde de localidade ten un problema no seu concello, a culpa sexa sempre da Xunta de Galicia. Así aconteceu coa pasarela do río Navia e agora co restablecemento do sinal de televisión; dúas cuestión nas que a administración autonómica non ten ningunha competencia.
Os naviegos pasaron alomenos unha semana sen este servizo. Así o recoñeceu o rexedor municipal no Pleno, pero a sorpresa xurdiu cando o socialista indicou que esta era unha responsabilidade do Executivo galego, pois se debía a unha avaría da luz.
Para os populares “a desfachatez” do alcalde “non pode ser máis alarmante, pois, ou ben non se entera, porque esta é unha responsabilidade directa do Goberno Central (https://www.televisiondigital.gob.es/Paginas/Index.aspx), ou ben para defender ao seu partido, prefire mentir e confundir á veciñanza dicindo que o seu arranxo lle corresponde á Xunta de Galicia”. Proba delo, é qe segundo se pode ver na ligazón indicada, tanto a aplicación do dividendo dixital, como as axudas de resintonización son cometidos estatais e, neste caso, o problema debeuse ao cambio de frecuencias.
Por todo elo, dende o PP pídenlle ao titular municipal que “abandone a súa política de nin eu, nin o meu partido, teñen culpa de nada, e a Xunta e o PP téñena toda”. Deste xeito, defenden que “este non é o modo de facer política”. “Mentir aos veciños e eludir responsabilidades son, cando menos, dúas cualidades impropias dun alcalde”, manifestan.
Con todo, agardan que, “polo ben de Navia”, o socialista “corrixa a súa dinámica”, xa que, do contrario, “a súa credibilidade e dignidade políticas se verían moi mermadas”. A este respecto, consideran que, “nun exercicio de responsabilidade”, o socialista debería “de dar a cara e pedir desculpas por falta así á verdade”.