Partido Popular de Lugo

Elena Candia: “Reivindicamos dende o PP que se pague a Galicia o que se lle debe”

Lugo, 1 febreiro, 2020. “Reivindicamos dende o PP que se pague a Galicia o que se lle debe”. Así o manifestou a presidenta provincial, Elena Candia, ao inicio da reunión de traballo que mantivo xunto co secretario Xeral do PPdeG, Miguel Tellado, o vicesecretario de Participación do PP a nivel nacional, Jaime De Olano, o deputado por Lugo, Joaquín García Díez, e o senadores José Manuel Barreiro, Manuel Lorenzo Varela e Rosa Arza.

 

Candia manifestou que “nos citamos para traballar por Lugo e para dar esa batalla fronte ao Goberno de España”. E é que os pagos pendentes do Executivo de Sánchez con Galicia non son, dixo a dirixente dos populares lucenses, “unha débeda co presidente da Xunta”. “Podemos dicir case con nomes e apelidos que é unha débeda que afecta aos fogares e aos veciños e veciñas da nosa provincia”, lamentou.

 

“Viámolo na Deputación hai dous meses, no pleno ordinario, no que demandabamos que se pague a Galicia o que se lle adebeda e, nese caso, centrabámonos en como afectaba á dependencia. Esta é unha provincia con moitos fogares que teñen axuda no fogar de dependentes, e por iso digo que a débeda de Pedro Sánchez con Lugo ten nomes e apelidos e entrou nos fogares”, insistiu.

 

“Comprometidos cos veciños”

Para a popular, mentras Lugo é unha provincia “especialmente castigada” polo Goberno de España, “pois a nosa industria vive con moita incerteza, os nosos representantes están comprometidos cos veciños”. “Foron os que de maneira maioritaria e constante os elixiron, e teñen a obriga de defendelos en Madrid”, afirmou.