Partido Popular de Lugo

O PP desmonta con datos as mocións electoralistas presentadas por PSOE e BNG na Deputación sobre sanidade

28, xaneiro, 2020. O Grupo Provincial do Partido Popular desmonta con datos obxectivos e perfectamente contrastables e constatables as mocións electoralistas presentadas por PSOE e BNG na Deputación sobre sanidade.

 

Deste xeito, o vicevoceiro, Javier Castiñeira, explicou pormenorizamente o investimento realizado nesta materia pola Xunta de Galicia, así como na mellora dos hospitais comarcais da provincia. Castiñeira afirmou que “é falso” que haxa recortes neste recursos. Proba delo, é que se incrementaron os servizos, sendo algúns de extraordinaria importancia para o doente, como poden ser os de oncoloxía ou hemodinámica as 24 horas. Tamén se ampliaron os hospitais de A Mariña e Monforte de Lemos e se contempla a construción dun novo centro de saúde en O Saviñao.

 

“Nunca se invistiu tanto en sanidade coma agora. 4.109 millóns de euros en 2020; un 40,5% dos orzamentos da Xunta”. É dicir, salientou o popular, un 11% máis en investimentos que no bipartito.

 

Tampouco se abandona atención primaria e se convocan anualmente as ofertas de emprego público. Ampliáronse os concursos de traslados para mellorar a conciliación, incrementouse o número de prazas de MIR e Lugo dispón do mellor rexistro de listas de agarda.

 

Cos datos enriba da mesa, queda claro, afirmou o popular, que “son dúas mocións sobre o mesmo tema; unha estratexia que sempre lles sae mal porque os galegos non son tontos e non admiten o engano nin as falsedades e acaban sempre perdendo as eleccións cada vez por máis diferenza”, remarcou.

 

“Facer política é dar datos”

“Cando digo que están politizando non é mezclalo con facer política porque facer política é dar datos veraces. O seu argumentario que lle manda o BNG é o mesmo dos últimos 10 anos. Pero nós o que estamos ofrecendo son datos; non como os do CIS que dirixe Tezanos, e que non pode manipular porque son reais”. A este respecto, o vicevoceiro do PP sinalou que é precisamente cando gobernan os socialistas e nacionalistas “os que privatizan máis que a ninguén”.

 

Castiñeira remitiuse novamente aos datos: “en 2009, o bipartito invistiu 218 milóns de euros en concertos, subindo un 44% os que había. Fronte a isto, o PP, en 2018, usa neste concepto 205 millóns de euros, 13 menos que hai 10 anos, a pesares de ter 1.000 millóns euros máis de orzamento”.

 

“BNG cómplice do engano do PSOE”

“Vostedes non foron capaces de facer ningún proxecto nin na Mariña nin en Monforte. Os concertos absorven o que non pode facer o Sergas. O BNG é complice do engano. O Goberno de Sánchez débelle 700 millóns a Galicia e aínda así a Xunta incrementa os seus orzamentos en sanidade, os máis grandes da historia. Vostedes siguen sendo cómplices e non piden a devolución dese diñeiro”, destacou.

 

Por este motivo, “e mentras que vostede –en alusión ao voceiro do goberno que defendeu as dúas iniciativas, o nacinalista Efrén Castro- fala de decenio escuro”, dende o PP convidaron ao bipartido na “non facer política coa sanidade porque xa non enganan a ninguén”. “Se seguen así o señor Feijóo non terá só 42 deputados, senón que será posible que incremente algún máis”, sentenciou Castiñeira.