Partido Popular de Lugo

O PP de Burela cualifica o pleno de Organización como “o pleno das sorpresas”

Burela, 22 de xaneiro de 2020.- O Grupo Municipal do PP de Burela cualifica o pleno de Organización como “o pleno das sorpresas”. Tal é así que, incluso o feito de que se producise un apagón, puido ser, en palabras de Manuel Rouco, “un negro agoiro do que vai a ser o mandato de Llano”.

 

A este respecto, os populares repróchanlle ao rexedor que, nunha situación coma esta, se permitise certo ton humorístico ao afirmar que non sabía porque se apagara a luz “porque había cartos”; cuestión que aos populares lles sorprende, xa que as débedas acumuladas nas dependencias municipais coas empresas que traballan para o Concello son cuantiosas.

 

Complicidade do BNG

A complicidade do BNG co PSOE á hora de votar, foi outra das “sorpresas”, así como as modificacións de última hora propostas por este grupo para axeitalas convenientemente aos intereses do equipo de goberno.

 

“Estupor” é o que lles produciu ao Grupo do PP a falta de control do alcalde á hora de manexar os tempos da sesión, así como os erros cometidos para outorgar a palabra aos voceiros dos distintos grupos da Corporación. “Non sabemos se isto foi por nerviosismo de Llano ou simplemente tivo un mal día”,a firman. Pero o certo é que as faltas de respecto por parte do dirixente local tamén foron protagonistas. Concretamente, cara o voceiro do PP, chegándolle o primeiro tenente de alcalde a propinar descalificacións audibles para o público asistente.

 

“Ninguneo” do PSOE a compañeiros do PSOE

Manuel Rouco considera “preocupante” o “ninguneo dos compeñeiros” que sofriu “o único edil do PSOE que traballou na anterior mandato”. Refírese ao responsable de Cultura, a quen lle rebaixaron a dedicación; cuestión que para o voceiro do PP demostra que “aos socialistas moléstalles o traballo, incluso o da súa xente”, subliña.

 

Propostas do PP

Con todo, dende o PP conseguiron sacar adiante dúas das tres emendas presentadas: as relativas á reorganización das comisións informativas permanentes e ao reparto da representatividade das diferentes formacións políticas nos diferentes órganos colexiados.