Partido Popular de Lugo

O PP reclama que as bancadas do Pavillón Municipal de Deportes sexan accesibles para persoas con mobilidade reducida

En toda Europa, as cidades fixeron nas dúas últimas décadas un gran esforzo para que as súas rúas e edificios públicos foran accesibles. Tamén en España. Pero aínda queda moito por facer. O grupo municipal do PP de Viveiro cre que é hora de avanzar neste terreo, especialmente alí onde a falta de accesibilidade resulta aínda máis discriminatoria para os cidadáns con mobilidade reducida. Os concelleiros populares defenderán unha moción no próximo pleno para que o Concello se comprometa a adoptar as medidas necesarias para facer accesibles as bancadas do Pavillón Municipal de Deportes. Lembran que a Constitución Española establece que os poderes públicos promoverán as condicións para que a liberdade e igualdade dos cidadáns sexan reais e efectivas.

A concelleira Inmaculada Nespereira firma a moción na que o grupo que ten por portavoz a Óscar Rodríguez propón, por un lado, que o Concello, por medio dos correspondentes departamentos técnicos, efectúe un estudio para crear un acceso ás bancadas para persoas con mobilidade reducida. Unha vez feito ese estudo, os populares queren que o goberno presidido por María Loureiro adopte as medidas precisas para a creación de dito acceso. O PP di que se economicamente no se pode levar a cabo esta obra neste momento, que se inclúa nos presupostos para o actual exercicio económico, aínda sen aprobar.

Argumentan os populares que «a mellora da calidade de vida de toda a poboación e, especialmente, das persoas con mobilidade reducida foi e segue sendo un dos obxectivos fundamentais da actuación pública pola que foi aprobada a Lei 8/1997, de 20 de agosto, de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia, a cal foi desenvolvida polo Decreto 35/2000, de 28 de xaneiro». Igualmente, din que «sen lugar a dúbidas esta normativa implicou un importante avance, pero é necesario seguir avanzando para conseguir unha sociedade inclusiva e accesible que garanta a autonomía das persoas, evite a discriminación e favoreza a igualdade de oportunidades para todos os cidadán». 

Os edís populares recordan que o Centro Superior de Deportes di, con respecto ás instalacións deportivas, que «as bancadas deben ter unha zona accesíbel e apta para espectadores en cadeira de rodas,  reservándose 1 praza/200 espectadores… ». A maior abundamento, lembran que «seguindo os obxectivos da Convención das Nacións Unidas, a Unión Europea, elaborou a Estratexia 2010-2020, co obxectivo de que todas as persoas con discapacidade poidan disfrutar dos seus dereitos e beneficiarse plenamente da súa participación na sociedade».