Partido Popular de Lugo

O PP apoia ao 100% as demandas dos traballadores de Muebles Hermida, comprometéndose a pedir nas administracións que Fogasa axilice os pagos pendentes

O Partido Popular apoia ao 100% as demandas dos traballadores de Muebles Hermida, comprometéndose a pedir nas administracións que Fogasa -organismo dependente do Goberno Central- axilice os pagos pendentes, e que corresponden ao salarios dos meses de setembro a novembro. Así llelo expuxeron esta mesma mañá aos afectados e representantes do comité de empresa os deputados autonómico e provincial, Daniel Vega e Javier Castiñeira, respectivamente.

Deste xeito, os populares, que enfocaron a xuntanza como unha xornada de traballo, analizaron conxuntamente coa parte implicada, constando “a dramática situación” que está a vivir a empresa que ten na actualidade 97 traballadores, e todos eles con carácter indefinido. 

Neste senso, tanto Vega como Castiñeira, lamentan publicamente que os empregados estean “a pasar por momentos tan difíciles”, pois, remarcan, “estamos a falar dunha empresa na que o problema non é falta de mercado”, xa que, defenden, “está perfectamente situada e preparada para competir no mercado global”.

Por este motivo, dende o PP poñen en valor a necesidade de que se busque unha alternativa “con máxima urxencia” para garantir a viabilidade da mesma e o mantemento dos preto de 100 postos de traballo que xera na localidade e na comarca. “Non vimos a Lourenzá a facer política. Vimos a coñecer de primeira man como están este traballadores e, sobre todo, arrimar o hombro para que, entre todos, traballemos para que Muebles Hermida siga tendo actividade nas mesmas condicións que ata que entrou en concurso de acreedores. Así llelo trasladamos e así o faremos onde temos representación”. Refírense así os populares á Deputación de Lugo e incluso á Xunta de Galicia, a través do Parlamento galego.

E é que unha posible liquidación da empresa suporía “un ataque á economía local e tamén da zona, que xa se está a ver gravemente prexudicada coa inestabilidade e incertidume que vive tamén Alcoa”. Vega e Castiñeira considera que “non podemos quedarnos quietos porque no caso que nos ocupa, estamos a falar de que Muebles Hermida conta con importantes provedores, da talla de Finsa, e outros clientes como El Corte Inglés, Telefónica ou mesmo outros tamén relevantes doutras comunidades como pode ser a do País Vasco”.

5.000 clientes

En total, dispón dunha carteira de clientes que chega aos 5.000 e un volume de facturación de 6 millóns de euros. O custe económico dos 97 postos de traballo ascende a uns 210.00 euros mensuais. O peso que ten a entidade en Lourenzá e nos concellos limítrofes demóstrase tamén en que chegou a ter 250 empregos cando tamén tiñan a filial en Ourense.

Logo de máis dunha hora de reunión, que os deputados cualifican de “construtiva e moi produtiva”, manifestan que “pelexarán para que estas demandas que nos trasladaron se escoiten”. “Cremos que como uns veciños máis da Mariña a nosa postura non pode ser outra que a de estar ao seu carón, e isto pasa por escoitalos e, sobre todo, serlles útiles pedindo e trasladando as súas peticións”, conclúen.