Partido Popular de Lugo

O PP de A Fonsagrada critica que o Concello destine 40.000 euros presupostados para gasto social ao pago de facturas de obras

5, decembro, 2019. O PP de A Fonsagrada critica que o Concello destine 40.000 euros presupostados para gasto social ao pago de facturas de obras. Os populares votaron en contra da transferencia de crédito coa que a entidade local fará este cambio, co fin de abonar o importe de distintas actuacións acometidas en época electoral.

 

“Dende o PP non podemos aceptar que o alcalde e o seu equipo fagan esta modificación que supón nada máis e nada menos que o 1% do orzamento total que manexa Fonsagrada. E o Bloque tamén está sendo cómplice dos seus intereses, pois abstívose neste punto, o que é o mesmo, que dicir si”. Por iso, José Regueiro considera “elemental” que os veciños “coñezan estas triquiñuelas que son legais pero que, cando menos, non axeitadas. Cremos que habería de onde sacar sen facelo do gasto social”, indica.

 

O voceiro popular atribúe esta modificación de crédito “a unha mala planificación do Goberno local”. “É un mal síntoma que evidencia que o PSOE nin xestiona, nin goberna. Se teñen que pagar as obras que fixeron para arañar votos, isto debería de estar proxectado doutro xeito e non quitando eses 40.000 euros que, por exemplo, ben se poderían destinar a abrir a residencia da terceira idade ou en crear novos servizos para os veciños”, destaca.

 

Por todo elo, Regueiro considera que “os dirixentes que temos non teñen vergoña, nin límites”. “Dalles igual o como e de que forma, o que lles importa é o seu”. Tal é así que, apunta, “deben de pensar que o Orzamento son fondos deles, e que poden facer o que se lles antolla en función do momento, cando o que son cartos de todos os veciños e para os veciños. Reducir o gasto social é reducir nos fonsagradinos”, insiste.

 

A este respecto, dende o Grupo Municipal do PP piden “máis rigor nas contas” ao equipo de goberno, pois “estar na alcaldía é outra cousa. É xestionar e é priorizar o gasto útil”, conclúe Regueiro.