Partido Popular de Lugo

Os populares poñen en valor que “a Xunta achega máis de 237.000 euros cada ano para o sostemento do servizo de axuda no fogar en Ribadeo”

O voceiro do Grupo Municipal Popular de Ribadeo, Daniel Vega, sinala que “o goberno galego destina cada ano máis de 237.000 euros ao Concello de Ribadeo para financiar o servizo de axuda no fogar a persoas dependentes”. 

“Hai quen prefire obvialo, na súa obsesión permanente por agochar as achegas da Xunta; pero a realidade é que o servizo de axuda no fogar na modalidade de dependentes que ven de sacar a licitación o goberno local conta tamén con achegas da Xunta de Galicia, non só do Concello”, explica Vega. A este respecto, o voceiro popular recorda que “ante a tardanza inexplicable do señor Suárez por sacar a licitación o servizo, dende o Grupo Municipal do PP instamos ao goberno local do BNG durante o último pleno a facelo porque levaba máis dun ano de atraso”.

Vega incide en que “a Xunta de Galicia tamén achega axudas aos Concellos para o sostemento do servizo de axuda no fogar na modalidade de dependencia”. De feito, “a colaboración económica do Goberno galego é decisiva, pola súa contía e importancia, para o sostemento deste servizo”, engade o voceiro. Así mesmo, apunta que “a cantidade pode ser aínda maior, porque varía en función do número de persoas beneficiadas do servizo, é dicir, das altas e baixas de usuarios que se rexistran cada trimestre”. 

Para o popular o apoio do goberno galego é unha mostra máis de colaboración por parte da administración autonómica coa entidade local ribadense e, polo tanto, cos veciños e veciñas de Ribadeo. “O goberno galego aposta por Ribadeo e colabora sufragando distintos servizos en beneficio de tódolos ribadenses. Neste caso, achega fondos que axudan a manter a importantísima atención e coidado, nos seus propios fogares, das persoas maiores en situación de dependencia que o precisan”, asegur