Partido Popular de Lugo

O PP de Monforte reclama unha ordenanza municipal para regular a venda ambulante e poñer orde no mercadillo semanal do Parque dos Condes

O Parque dos Condes é o marco dun mercadillo ambulante de periodicidade semanal. O que inicialmente, hai oito anos, comezou sendo un lugar de encontro entre particulares para intercambiar bens e venta de obxectos de segunda man, converteuse co tempo nun verdadeiro mercadillo ambulante, alleo totalmente a calquera normativa reguladora. Á vista da preocupante situación, o grupo municipal do PP presenta unha moción para a redacción e aprobación do obrigado regulamento de venta ambulante.

A voceira do PP de Monforte, Katy Varela, di que a actual situación de descontrol prexudica aos comerciantes establecidos en Monforte. Sostén que a falta de control pode supoñer tamén graves prexuízos para os compradores de determinados produtos, especialmente de alimentos, que se despachan, polo menos en aparencia, sen seguir a normativa que regula a súa produción e manipulación.

Varela recorda que é competencia da Administración autonómica a regulación do comercio interior. No caso de Galicia faise por medio da lei 13/2010. No seu capítulo V regula a venda ambulante. Indica que a autorización desta práctica comercial é responsabilidade dos concellos, mediante a correspondente ordenanza municipal reguladora da venda ambulante. Nas disposición municipais fixaranse os lugares e períodos aptos para tal exercicio comercial, os requisitos esixibles, o número de postos e licencias, os produtos que se poderán poñer a venda, as taxas a aboar, así como, entre outros requisitos, o réxime interno do mercado e a previsión de sancións, ademais da relación de dereitos e deberes dos comerciantes. 

A voceira popular indica que tal como se leva a cabo a venda ambulante actualmente en Monforte supón unha competencia desleal para o comercio monfortino. Insiste nos posibles riscos para a saúde pola falta de control sobre os produtos de alimentación que se poñen a venda.

Por todo elo, os concelleiros do PP defenderán na próxima sesión plenaria unha moción para conseguir a redacción e aprobación da ordenanza reguladora da venta ambulante, para dar cumprimento ao disposto na Lei de Comercio Interior de Galicia.