Partido Popular de Lugo

O populares piden o voto para “o único partido que pode frear a destrución de emprego na Mariña propiciada por Pedro Sánchez”

3, novembro, 2019. Os populares lucenses amosáronse “moi preocupados” ante a situación de Alcoa e do futuro das 8.000 familias de toda a comarca da Mariña vinculadas coa fábrica durante a manifestación celebrada esta mañá en Viveiro en defensa da planta de San Cibrao e do emprego na comarca onde recordaron que “o Partido Popular é o único que pode frear a destrución de emprego na Mariña derivada das políticas de Pedro Sánchez”. Ademais, dende o PP lucense rexeitan a postura do PSdeG que “aplaude a Pedro Sánchez cando o que debería é defender os intereses dos galegos e, por conseguinte, dos lucenses”.

Nesta nova multitudinaria concentración, que xa é a cuarta que se celebra na comarca en defensa da principal industria da provincia, participou o cabeza de lista do PP lucense ao Congreso, Jaime De Olano, ademais doutros cargos do partido coma o coordinador comarcal do PP, José Manuel Balseiro e alcaldes, voceiros e concelleiros do PP nos concellos da Mariña entre os que se atopaba a presidenta provincial do Partido Popular, Elena Candia. A máxima dirixente do Partido Popular na provincia sinalou ao Partido Popular como “o único que ten un proxecto claro na defensa do emprego”. De Olano engadiu tamén que “un Goberno de Pablo Casado é o único que pode devolver a estabilidade ao Goberno e ao sector industrial que é tan importante para a comarca mariñá”.

A Xunta pon medidas sobre a mesa medidas concretas

Ante a falta de propostas do Goberno socialista para abaratar o prezo da enerxía, o cabeza de lista ao Congreso, Jaime De Olano, ve que “la única intención del PSOE desde el Gobierno es intentar ganar tiempo hasta que pasen las elecciones”. E fronte ao Goberno de Sánchez e os seus incumprimentos, o popular sinala que “el Gobierno de la Xunta, de acuerdo con el comité de empresa y los trabajadores, ha puesto sobre la mesa medidas concretas para garantizar la permanencia de Alcoa en la comarca y a las que no ha recibido respuesta por parte del Gobierno central”.

 

Entre as propostas do Goberno galego que procuran solución reais para aportar seguridade de cara á continuidade da actividade da planta de San Cibrao atópanse medidas de carácter fiscal, redución de cargas e peaxes para axustar os custos do transporte aos doutros países europeos, a ampliación das axudas compensatorias por custos de emisións indirectas de CO2, o fomento da contratación de contratos bilaterais de enerxía eléctrica ou a incorporación da categoría do consumidor hiper – electrointensivo.

 

Casado comprométese coa industria galega e coa aprobación do estatuto

O candidato popular que encabeza a candidatura lucense á cámara baixa sinalou que “ayer mismo en Lalín, el candidato del PP a la presidencia del Gobierno, Pablo Casado, ha prometido la aprobación del estatuto de las electrointensivas que beneficiará a miles de familias que ahora están pasando por una situación de incertidumbre”. De Olano incidiu no compromiso de Pablo Casado coa industria galega ao facer súas as principais demandas que recolleu o goberno galego de Feijóo como prioritarias para atender dende o vindeiro Goberno de España e entre as que se atopan Endesa –atendendo á defensa dos sectores estratéxicos-, a chegada do Ave a Galicia para o Xacobeo 2021 ou un financiamento máis xusto.

 

Abandono da provincia por parte do Goberno de Pedro Sánchez

O cabeza de lista ao Senado pola provincia de Lugo, José Manuel Barreiro, incidiu na “dramática situación” que vive Alcoa e A Mariña derivada do “abandono por parte do Goberno de Pedro Sánchez”. Así mesmo, o popular recalcou, unha vez máis, que “este é un novo exemplo de que a nosa provincia non lle debe nada a Pedro Sánchez”.

 

Barreiro recordou que “fai un par de días viña a Lugo a ministra socialista de Economía sen dicir nada que poida aportar certa tranquilidade sobre Alcoa”. Tendo en conta que previamente visitara a nosa provincia o ministro de Fomento e tamén a ministra de Industria que se reunía en San Cibrao co comité de empresa de Alcoa comprometéndose a recibilos para amosar os avances no estatuto de empresas electrointensivas a mesma semana da súa visita á fábrica sen que chegara a fixarse o encontro, “foron un total de tres os ministros do Goberno de Sánchez que viñeron a Lugo. Pero ningún aportou ningunha solución concreta para a planta mariñá cando era moi sinxelo dar a coñecer algo sobre o estatuto electrointensivo se tiveran algún avance dese documento que xa anunciaran en abril”. Esta actitude é, para Barreiro, “un desprezo para A Mariña e para toda a provincia de Lugo”.