Partido Popular de Lugo

Elena Candia: “A única garantía para botar a Sánchez do Goberno é votar ao Partido Popular”

3, novembro, 2019. A presidenta do Partido Popular da provincia de Lugo, Elena Candia, apelou este domingo ao voto útil no mitin central do partido na cidade amurallada que contou tamén coas intervencións do presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, e o cabeza de lista do PP ao Congreso pola nosa provincia, Jaime De Olano. Candia convidou a aquelas persoas que se puideran sentir molestas co Partido Popular a non dividir o voto entre as opcións de centro dereita porque, precisamente, esa división contribúe a que o PSOE permaneza na Moncloa. “A única garantía para botar a Sánchez do Goberno é votar ao Partido Popular”, asegurou.

Así mesmo, a máxima responsable do PP lucense quixo apelar ao voto responsable dos socialistas constitucionalistas e dirixirse aos lucenses que nas últimas eleccións votaron ao PSOE para explicarlles que “os socialistas non son garantía de ningún dereito social”. De feito, recordou que “só en materia de dependencia, o Goberno de Pedro Sánchez débelle aos nosos maiores dependentes -non ao goberno do Partido Popular- arredor de 200 millóns ao ano”. Polo tanto, para Candia, o PSOE “non é socialista” e “tampouco obreiro”. Así o demostra o feito de que “nestes momentos persoas da nosa provincia que traballan para Ence, Alcoa ou As Pontes se estean a manifestar en defensa dos seus postos de traballo”. Tamén recordou Candia a subida das pensións que foi posible grazas ao anterior Goberno de Mariano Rajoy, “non grazas a Sánchez”, matizou.

En contraposición, e ante os incumprimentos do Goberno do PSOE que incluso se comprometera durante a visita da conselleira de Industria a recibir ao comité de Alcoa San Cibrao para explicarlles os avances no estatuto para as industrias eletrointenstivas, a máxima dirixente do PP da provincia destacou a iniciativa do goberno galego que preside Feijóo. Dende o goberno da Xunta trasladaron aos partidos do ámbito nacional, entre os que se atopa o PSOE de Pedro Sánchez, medidas en coordinación co comité de empresa e os traballadores da planta de San Cibrao para abaratar o prezo da enerxía e contribuír a facer rendible a factoría mariñá co fin último de “garantir a permanencia de Alcoa na comarca e, polo tanto, o emprego do que dependen miles de familias”.

“O PSOE ven contar contos aos lucenses, pero non fala de contas”

Candia tivo máis palabras críticas para o Goberno de Pedro Sánchez que “viñeron pasearse pola provincia e contar contos aos lucenses en lugar de falar do que nos importa: as contas”. Así o explicou a popular facendo referencia especificamente á visita que a ministra socialista de Economía fixo á cidade de Lugo para “pasear pola muralla, pero coa perdeu unha boa ocasión para dicir cando lle pagaría o que lle adebeda a Galicia” insistindo nos 200 millóns que debe aos lucenses en situación de dependencia.

A máxima dirixente dos populares lucenses concluíu convidando a tódolos lucenses a reflexionar e mirar cara ao pasado, analizar o presente e pensar no futuro. Así, asegurou Candia que “o votante do Partido Popular pode ter a seguridade e a confianza que tivo anteriormente con figuras coma Mariano Rajoy ou o propio fundador do partido, Manuel Fraga”. E recordou tamén que “o PPdeG é o partido que mellor reflicte o sentimento galeguista que non é nacionalista”.

Precisamente sobre os nacionalistas advertiu a mandataria popular que “o Bloque Nacionalista Galego está vestido con pel de cordeiro para esconder o lobo independentista que leva dentro”. De feito, engadiu que “o BNG pactou pactou con Bildu para as europeas e asinou o manifesto para a autodeterminación de Cataluña”. Polo tanto, “están axudando a romper España”, apuntou Candia.


 

De Olano: “Ni Lugo ni Galicia le debe nada al señor Sánchez”

“Ni Lugo ni Galicia le deben nada al señor Sánchez”. Así o deixou claro o cabeza de lista do PP ao Congreso pola nosa provincia, Jaime De Olano, no mitin central que celebrou o partido na cidade de Lugo. De feito, o popular sinalou que, amparándose no feito de que está en función, “el Gobierno de Sánchez nos debe a todos los gallegos 700 millones de euros que no ha transferido todavía a nuestra Comunidad Autónoma”. Do mesmo xeito, “nos debe la puesta en marcha de medidas para abaratar el precio de la energía que permita garantizar el futuro de Alcoa en San Ciprián y de alternativas para la supervivencia de la central térmica de As Pontes y los empleos que ambas industrias generan en beneficio de miles de familias de las comarcas de la Mariña y la Terra Chá”, explicou.

Ademais da financiación autonómica e da industria electrointensiva, nomeou tamén De Olano coma outra débeda de Pedro Sánchez cos lucenses “la elaboración de unos presupuestos como los que Lugo se merece, y el Partido Popular está dispuesto a presentar, frente a los que el PSOE había propuesto en abril y que supondrían la reducción en un 30% de la inversión para la provincia con respecto a los que el Gobierno del PP había aprobado en el año 2018”. O compromiso coas infraestruturas da provincia e a garantía de mellora dos servizos públicos son outras das críticas que o popular explicou durante a súa intervención no mitin do Partido Popular na cidade de Lugo.

De Olano recordou que “la situación de bloqueo en el Gobierno de España que nos ha llevado a la repetición de elecciones es culpa exclusivamente de Sánchez” e quixo deixar claro que “desde el PSOE están nerviosos porque saben que pueden perder estas elecciones frente a la única alternativa de Gobierno que representa el Partido Popular”.

A este respecto, o popular asegurou que “la campaña del PSOE y Pedro Sánchez se basa en intentar dividir el voto de centro derecha” e insistiu en que “dividir el voto es un error porque restar votos al PP, con el voto a Vox o a Ciudadanos, acerca más a Sánchez a la Moncloa”. De Olano explicou que “ninguna de estas dos formaciones tiene posibilidades de conseguir representación en nuestra provincia”. Pola contra, “el Partido Popular puede conseguir el tercer diputado y contribuir a sumar una mayor representación en el Congreso que permita que Pablo Casado sea elegido presidente del Gobierno”.

De Olano engadiu que “los de Vox apelan al patriotismo”; pero o popular defendeu que “lo patriótico no es votar a Vox, lo patriótico es echar a Sánchez de la Moncloa. Lo patriótico es evitar un gobierno de Sánchez con Puigdemont, Rufián y Pablo Iglesias. Y eso solo se logrará si el PP gana las elecciones. Para eso hay que hacer que cada voto del centro derecha sirva para obtener escaños”. A este respecto, insistiu en que “solo hay una papeleta que lo garantiza, la del PP”.