Partido Popular de Lugo

Jaime de Olano en Monforte: «En la calle se perciben las ganas de cambio y el disgusto de los ciudadanos con Pedro Sánchez»

A de hoxe foi unha xornada moi intensa para o PP de Lugo en toda a provincia. Na zona sur, celebrouse a última hora da tarde un encontro con afiliados, interventores e apoderados, na que se abordaron cuestións relacionadas co inicio da campaña electoral. A este encontro asistiron, entre outros, o cabeza de lista ao Congreso por Lugo, Jaime de Olano, e a voceira municipal, Katy Varela, xunto cos outros concelleiros. Participou tamén o secretario xeral do PP de Lugo, Juan Carlos Armesto. Na reunión, celebrada na sede do partido, estiveron igualmente alcaldes e portavoces do partido na comarca.

Jaime de Olano, ao fío da reunión, manifestou: «En la calle se percibe el disgusto de los ciudadanos con el bloqueo producido por el socialista Pedro Sánchez. También se percibe que los lucenses valoran la capacidad de acuerdo demostrada por el Partido Popular. Está claro: hay ganas de cambio». O candidato tivo palabras de agradecemento e de ánimo para os afiliados populares: «Gracias a su trabajo, el PP gana elecciones. Nunca le han fallado, sino todo lo contrario, ni al partido ni a Lugo, a Galicia y a España. Esta vez está claro que es necesario apartar a Pedro Sánchez del Gobierno, porque a la vista está lo que ocurre, por ejemplo, con Alcoa-San Cibrao, Endesa-As Pontes y el AVE».

Pola súa parte, a voceira municipal do PP, Katy Varela, agradeceu a presenza na reunión do cabeza de lista ao Congreso, Jaime de Olano. Dixo que o PP de Monforte iniciará a campaña coa decisión e a forza necesaria para axudar de maneira decisiva a que Lugo consiga o terceiro deputado.