Partido Popular de Lugo

Daniel Vega destaca o investimento da Xunta de 82.671,64 euros na renovación do pavimento da rúa Pintor Fierros de Ribadeo

Ribadeo, 2 de decembro de 2019. O voceiro do Grupo Municipal Popular de Ribadeo, Daniel Vega, destaca as melloras executadas na rúa Pintor Fierros “que todos os veciños podemos observar” e que foron posibles grazas ao investimento de 82.671,64 euros por parte da Xunta.

 

Trátase dunha intervención que permitiu a renovación do pavimento desta rúa e que contou cunha axuda de 33.068,66 euros nesta anualidade e doutros 49.602,98 euros dispostos para o 2020 correspondentes ao plan de mellora de infraestruturas urbanas.

 

O goberno galego, a través da consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, contribúe ao financiamento da execución de actuacións de humanización de rúas e urbanización e mellora de espazos públicos do noso municipio e, polo tanto, contribúe a “beneficiar a tódolos veciños e veciñas”.

 

“Ribadeo recibe, polo tanto, novas achegas por parte do administración autonómica que, neste caso, se concretan na mellora da rúa Pintor Fierros”. Así mesmo, avanza Vega que “o Grupo Municipal Popular traballará por lograr investimento para a mellora do resto de rúas do casco urbano e das estradas do rural”.

 

Humanizar vilas e facer pobos accesibles

Sobre esta liña de axudas directas da Xunta dirixida a Concellos de menos de 50.000 habitantes, Vega sinala que permite “humanizar vilas e pobos facéndoos máis accesibles e habitables ao mesmo tempo que teñen como obxectivo facer do rural un lugar máis atractivo para vivir e, polo tanto, contribúen a fixar poboación”.