Partido Popular de Lugo

Os populares esixen ao goberno local “unha dirección clara sobre a vixilancia de Ribadeo”

Ribadeo, 29 de outubro de 2019. O Grupo Municipal Popular ribadense esixe ao goberno local “unha dirección clara sobre a vixilancia de Ribadeo”. Así o manifesta a vicevoceira, Elena Sierra, que sinala que “tanto na zona vella coma na zona da praza da Música é frecuente ver tódalas paredes cheas de pintadas”.

 

Os populares inciden, unha vez máis, “no escaso traballo que o goberno local dedica a Ribadeo” como demostra a proliferación destas pintadas; mentres que “o equipo de goberno debería velar pola seguridade dos ribadenses”.

 

Dende o Grupo do PP local engaden que “cada día aparecen unhas novas pintadas nas fachadas dos distintos establecementos comerciais”. E, polo tanto, “os donos destes locais privados vense na obriga de volver pintar ese muros”.

 

Os populares ribadenses critican, polo tanto, que “ademais do gasto” que supón para os comerciantes a necesidade de aplicar pintura, aínda teñan que pagar tamén as correspondentes taxas ao Concello para dar comezo a estas obras. Sen dúbida, “é inxusto para os comerciantes afectados”, sentencian.

 

Ante esta situación, dende o Grupo Municipal do PP de Ribadeo esixen unha actuación urxente por parte do goberno local.