22, outubro, 2019. No marco das reunións que manteñen con diferentes grupos sociais da provincia de Lugo, os candidatos populares Joaquín García Díez (Congreso) e José Manuel Barreiro (Senado) reuníronse esta mañá na capital lucense co responsable da igrexa evanxélica Buenas Noticias, Marcos Zapata (pastor principal), que é presidente da Alianza Evangélica en España. Na reunión tamén estiveron presentes os concelleiros Ramón Carballo (voceiro municipal), Antonio Ameijide e Manuel Pérez Prados. Buenas Noticias estivo representada igualmente polo pastor adxunto Miguel Toledo.
A igrexa evanxélica Buenas Noticias serve a uns 350 crentes. O seu local está situado na rúa Emilia Pardo Bazán. Zapata explicou aos representantes populares a actividade que desenvolve esta igrexa evanxélica e as moitas accións de contido puramente social que leva a cabo. Entre estas últimas, figura o reparto de alimentos e a xestión dun piso de acollida. Os candidatos populares destacaron o papel principal que teñen para o PP as políticas sociais como peza fundamental do estado de benestar.