Partido Popular de Lugo

Os populares escoitaron os principais asuntos que preocupan ao Club Fluvial de Lugo

Lugo, 21 de outubro de 2019. Os candidatos do Partido Popular lucense ao Senado e ao Congreso dos Deputados, José Manuel Barreiro e Joaquín García Díez, participaron este luns nun encontro cos membros da xunta directiva do Club Fluvial de Lugo xunto a algúns representantes do Grupo Municipal Popular.

 

Os populares quixeron escoitar os principais asuntos que preocupan ao club que preside Tito Valledor e que é unha das pezas fundamentais da sociedade luguesa debido ao obxecto desta entidade sen ánimo de lucro: o fomento de actividades e prácticas deportivas, culturais e turísticas.

 

O presidente do club trasladou aos representantes do Partido Popular os dous temas que preocupan principalmente aos responsables da entidade. Por unha banda, demandan a axilización da renovación da concesión porque a situación actual limita o desenvolvemento de distintas iniciativas.

 

E, por outra parte, sinalan dende o club fluvial que a necesidade de reordenar a rúa de acceso a estas instalacións–rúa Fermín Rivera- e, ao mesmo tempo, afondan na súa demanda sobre o aparcamento.