18,outubro, 2019.Lugo necesita sen demora un xulgado máis do social, o cuarto, para superar a grave situación que se da na actualidade, con citacións xa para o ano 2021. O PP leva moito tempo reclamando este novo xulgado, pero o Goberno non está disposto a atender esta amplísima demanda de Lugo. Na resposta dada recentemente a unha pregunta do deputado popular na última lexislatura, e de novo candidato ao Congreso, Jaime de Olano o Goberno limítase a dicir: «(…) si se revela esta situación como una necesidad estructural a lo largo del presente año [2019], se estudiará la posible creación y constitución de un nuevo juzgado de lo social para esta localidad, en principio, en la próxima programación de desarrollo de planta judicial».
Ante a resposta que queda reseñada, e a vista da grave situación que crea a falta dese xulgado, o PP de Lugo decidiu poñer en coñecemento de todos os sectores afectados a resposta do Goberno, ademais de anunciar a presentación de novas iniciativas nos distintos ámbitos oficiais para instar a creación do cuarto xulgado do social de Lugo. Nesta liña, hoxe, na sede do PP celebrouse unha reunión con representantes do Colexio de Graduados Sociais, entre os que se encontraba o seu presidente, Manuel Núñez Carreira.
Jaime de Olano lembrou que a comisión mixta TSXG-Comunidade Autónoma xa se pronunciou en 2018 e 2019 solicitando, entre outros xulgados para Galicia, o cuarto do social en Lugo. Non foi tida en conta tal demanda. Igualmente, a creación deste xulgado foi solicitado pola Xunta de Galicia.
O Goberno central na resposta escrita dada a unha pregunta de Olano di: «En cuanto a la carga de trabajo, se realizó un seguimiento detallado de la evolución de la litigiosidad de todos los órganos judiciales en funcionamiento por parte de los servicios técnicos del Ministerio de Justicia y por ello dentro de las medidas de racionalización previstas, el Ministerio de Justicia ha autorizado a efectos económicos tres medidas de refuerzo para los juzgados de lo social de Lugo». O PP di que a carga de traballo é tanta que se están fixando xuízos para o 2021, o que da idea da necesidade imperiosa da creación do novo xulgado.
José Manuel Barreiro, candidato ao Senado, declarou: «Ese xulgado é unha necesidade esencial para a cidade e para a provincia. Non se pode estar esperando ata dous anos para resolver situacións que afectan á vida das persoas; é inaudito o actual estado de cousas porque dos resultado deses xuízos dependen aspectos moi importantes da vida das persoas». Engadiu: «Tamén neste caso, o PSOE mira para outro lado cando se trata de resolver problemas de Lugo».
Polo seu lado, Olano di: «El Gobierno discrimina a Lugo pese a que el juzgado fue reiteradamente solicitado por la Xunta y por el TSXG. Los argumentos que utiliza el Gobierno no se ajustan a los baremos que usa en otros casos. Lo ha concedido a Santiago cuando tiene un módulo similar al de Lugo; no puede servir de justificación la ratio de asuntos pendientes. El PP no pide para Lugo ser más que nadie, pero tampoco menos. Lo que está claro es que la ministra de Justicia no atienda a esta demanda. Trasladaremos esta respuesta del Gobierno a los colegios de abogados, procuradores y graduados sociales para que vean los argumentos que usa el Gobierno para denegar a Lugo este juzgado, tan necesario».
Por parte do Partido Popular asistiron a esta reunión, entre outros, Jaime de Olano, candidato ao Congreso, e José Manuel Barreiro, candidato ao Senado, así como o portavoz municipal, Ramón Carballo.
Pola súa parte, o presidente do Colexio Oficial de Graduados Sociais, Manuel Núñez Carreira, sinala: «O cuarto xulgado do social é imprescindible para Lugo. Temos asuntos xa fixados para o 2021. Isto prexudica moitísimo, enormemente, aos interesados; tamén a nós, como profesionais, porque non damos sacado adiante os asuntos». Di tamén: «Non é só cuestión dun xuíz máis, son necesarios medios materiais e de persoal. Fai un ano, parecía que se conseguiría, pero finalmente non foi así. O certo é que a situación actual é insostible».