Partido Popular de Lugo

O PP asegura que A Mariña non cre nada do que din Maroto e os socialistas sobre Alcoa

10, outubro, 2019. A multitudinaria concentración celebrada en Xove na noite do mércores foi un berro unitario da provincia de Lugo para reclamar ao Goberno central a adopción das medidas políticas, que só el pode tomar, para garantir o futuro de Alcoa-San Cibrao. Foi a demostración indiscutible de que a recente visita da ministra de Industria, Reyes Maroto, a esta planta, fundamental para Lugo, non pasou de ser un paseo que deixou máis preocupación da que xa había, porque foi incapaz de dar a coñecer medidas concretas para asegurar o futuro de Alcoa. A presidenta provincial do PP, Elena Candia, pon o foco nos alcaldes socialistas e nos socialistas lucenses en xeral para pedirlles que fagan entender ao Goberno central que ten que aportar xa as solucións necesarias para a supervivencia desta industria: un marco tarifario estable da enerxía eléctrica e un estatuto para industriais electrointensivas, entre outras.

 

Elena Candia considera que o PSOE tivo o mércores a oportunidade de comprobar moi claramente, sen dúbida algunha, que A Mariña non creu á ministra Maroto e tampouco os cre a eles». Na concentración participaron entre outros líderes populares lucenses, ademais da propia Elena Candia, os candidatos ao Congreso por Lugo Jaime de Olano e Joaquín García; o candidato ao Senado José Manuel Barreiro; José Manuel Balseiro, alcaldes, portavoces e concelleiros populares na Mariña e noutros comarcas, así como deputados provinciais.

 

A presidenta provincial do PP apunta directamente á responsabilidade dos alcaldes socialistas e recoméndalles «que se sumen a esta causa». Non comprende que non o fixeran xa de modo decidido e que avalen actitudes que non van na liña da reclamación firme ao Goberno das medidas que son necesarias para garantir o futuro de Alcoa, que representa máis do 30% do PIB da provincia e xera máis de 1.100 postos de traballo directo e varios miles máis indirectos. Candia espera que os alcaldes socialistas reaccionen dunha vez e reclamen do Goberno que adopte as solucións que reclama a sociedade lucense para encarrilar con seguridade o futuro de Alcoa.

 

Na mesma liña, Elena Candia pregúntase se os alcaldes do PSOE na provincia, pero sinaladamente na comarca da Mariña, van ser capaces de pedir o voto para Pedro Sánchez se o seu Goberno non da os pasos esenciais para garantir o futuro de Alcoa. «Pedirán os votos para Pedro Sánchez despois do abandono en que o Goberno está a deixar A Mariña?». Candia recorda que durante a concentración en Xove en defensa de Alcoa, o representante dos traballadores destacou que se antes do 10 de novembro o Goberno non fixa un marco tarifario estable e viable para as industrias que son grandes consumidoras eléctricas a empresa tomará decisións que non serán agradables. É necesario establecer prezos para a enerxía que permitan competir a Alcoa-San Cibrao con industrias similares en Francia e Alemania. Os veciños da Mariña, é motivo de gran preocupación que a ministra Maroto, en plena precampaña das eleccións xerais, non fora capaz de dicir «tranquilos que teño solucións».

 

A súa vez, o cabeza de lista do PP ao Congreso por Lugo, Jaime de Olano, declarou: «La visita de la ministra de Industria a Alcoa fue muy decepcionante. No hubo ni una sola oferta concreta, ni una propuesta de solución. Se limitó a repetir lo que viene diciendo desde hace más de ocho meses en cuanto a que van a aprobar el estatuto para las industrias electrointensiva, pero ni siquiera fue capaz de adelantar a la Xunta y a los trabajadores algo del contenido de ese estatuto. Al igual que los trabajadores, creemos que la situación de la empresa puede calificar de emergencia y grave crisis». Engadiu: «Vistos los antecedentes, visto lo que pasó con la planta térmica de Endesa en As Pontes, a la vista de lo publicado por un periódico en el sentido de que la ministra de Transición Ecológica pretendió que se retrasase la pretensión de cierre de la planta hasta después de las elecciones, algo nos hace pensar que la ministra de Industria puede pretender ganar tiempo para tomar decisiones que a ninguno nos gustaría que fuesen tomadas».

 

Polo seu lado, José Manuel Barreiro, candidato ao Senado, expresou o «apoio incondicional aos traballadores de Alcoa e as súas familias; nós faremos eixo central da nosa acción política a esixencia de solucións para o mantemento de Alcoa, para garantir o seu futuro». Engadiu: «Quero deixar claro o firme compromiso de que se gobernamos sacaremos adiante o estatuto electrointensivo». Barreiro cargou contra o PSOE e os seus representantes en Galicia e na provincia pola falta de compromiso na defensa de Alcoa.