Partido Popular de Lugo

O PP critica a actitude «prepotente e chulesca» do alcalde de Castroverde

Lugo, 27, setembro, 2019. «Prepotente, incluso chulesco» estivo o alcalde de Castroverde, o socialista José María Arias, nas respostas que deu ás preguntas formuladas polo portavoz popular, Rubén Otero, na máis recente sesión plenaria, de carácter extraordinario. Otero di que todas as preguntas que fixo ao presidente da corporación responden ás que lle foron expostas por veciños que están especialmente preocupados por algúns dos problemas do municipio. O voceiro popular sinalou que ao final da sesión o alcalde díxolle: «Isto é política». Otero afea a Arias o modo en que entende o exercicio da autoridade e a política.

 

O portavoz popular, na súa intervención no debate da moción presentada por outro grupo municipal en relación coa residencia da terceira idade, preguntou que xestións fixera o alcalde para abrir o público o citado servizo. O edificio foi inaugurado, recordou Otero, hai cinco anos polo entón presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro. O portavoz popular, á vista das afirmacións do alcalde, interpreta que non ten nada claro a qué opción acollerse, porque incluso chegou a dicir que quen debería de asumir a residencia é a Xunta, pero, ao mesmo tempo, parece que sopesa acollerse ao convenio coa Deputación, o mesmo que rechazou no 2018.

 

Unha das preguntas feitas polo portavoz popular tiña por obxectivo aclarar aspectos dos traballos de desbroce de maleza nas pistas do municipio. O concelleiro popular quería saber que medios técnicos se usan, cantos operarios están dedicados a estes labores, canto custan e o calendario de intervención en cada parroquia. «Respostoume de maneira despótica: que hai o persoal que hai e que o traballo custa o que custa», dixo o portavoz popular. En canto o calendario, o alcalde asegurou, segundo relata Otero, que os traballos se irían facendo ao longo dos meses.

 

Outra das cuestións polas que se interesou o portavoz popular foi polo futuro da torre de Castroverde. Otero pediu información sobre as xestións do Concello cos propietarios. O alcalde respostou, sinala o portavoz popular, que «as negociacións están como están e en fechas próximas retomarémolas». Otero recordou que no ano 2007 o alcalde fixo afirmacións nas que daba a entender que as negociacións estaban tan avanzadas que practicamente había un preacordo.

 

Noutro orde de cosas, o representante do PP interesouse polo saneamento e depuración de augas residuais da parroquia de Miranda, un proxecto que foi aprobado polo pleno en 2007. Foi, di Otero, unha obra na que o alcalde adquiriu un compromiso directo cos veciños, aínda que agora esquece que entón empeñou a súa palabra. O presidente da corporación recoñeceu que, neste momento, ese proxecto está parado.

 

En canto a vías de comunicación, o concelleiro popular preguntou polas obras do ensanche entre o polígono e a estrada de Lugo en Outeiro. Quería saber que intervención ten o Concello nesta obra, que depende da Deputación. Tampouco neste caso conseguiu o concelleiro do PP que o alcalde dera unha resposta clara e concreta.