Partido Popular de Lugo

Daniel Vega escoita as reivindicacións para mellorar a Escola Infantil de Ribadeo

26, setembro, 2019. O deputado autonómico do PP, Daniel Vega, interésase polas necesidades da Escola Infantil de Ribadeo co fin de que esta poida se mellorada no futuro. Foi durante a reunión que mantivo esta mañá cos profesionais que prestan “con eficacia” o seu traballo. Daniel Vega tamén fixo un percorrido polas instalacións co obxectivo de coñecer de primeira man as súas necesidades.

 

Esta visita-reunión enmárcase no proxecto político do tamén voceiro do PP, que consiste en pulsar a opinión pero, sobre todo, as demandas dos distintos colectivos e axentes sociais e económicos do municipio. Trátase, en definitiva, apunta, “de saber e comprobar en directo como podemos facer para ir mellorando ou dando resposta ás necesidades que temos na vila para exercer de altavoz das mesmas alá onde temos representación política”.

 

Datos do centro

A Escola Infantil de Ribadeo ten un total de 99 prazas, das cales cinco son de emerxencia. Na actualidade, ten 91 rapaces, dos que 7 son do grupo de 0 a 1 anos, 40 de 1 a 2 anos e 44 de 2 a 3. Nestes momentos, o centro non ten lista de agarda e o cadro de persoal está formado por 16 profesionais. A Xunta de Galicia vén de asumir a reforma da súa instalación eléctrica por valor case 19.000 euros.