Partido Popular de Lugo

O PP di que Caballero descoñece a realidade e só ven a Lugo para saír na foto

20, setembro, 2019. O PP lucense está convencido de que o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, descoñece á realidade de Lugo. Só así pode facer afirmacións como as que efectuou ao fío da visita que fixo ao presidente da Deputación, José Tomé. Só por descoñecemento, segundo a presidenta provincial do PP, Elena Candia, Caballero pode ter a ousadía de acusar ao presidente de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, de ter no abandono á capital e á provincia. É, puntualiza Candia, a ousadía de quen non sabe do que fala.

 

Candia destaca que Caballero non veu a Lugo a anunciar inversións do Goberno presidido por Pedro Sánchez; unha vez máis, entrou na cidade amurallada sen nada para Lugo. Veu, di a presidenta provincial do PP, a buscar o minuto de gloria que tanto desexa e necesita despois da súa pouca brillante estrea parlamentaria. E atrévese a dar leccións mentres se comporta como o representante de Pedro Sánchez nunha provincia na que o Goberno socialista só fai complicar as cousas, como no caso de Alcoa e de As Pontes.

 

A presidenta provincial do PP di que é causa de gran asombro para os lucenses que o máximo responsable do PSOE estea caladiño fronte a Pedro Sánchez mentres bloquea os 700 millóns que lle corresponden a Comunidade Autónoma. «É inaudito que alguén que quere ser un líder político en Galicia actúe desde xeito», di a popular Elena Candia. Non entende que alguén que aspira a gobernar Galicia non teña capacidade para reclamar do Goberno do seu partido o que lle corresponde a súa Terra.

 

Probablemente os desencontros entre distintos sectores socialistas en Lugo provocan que Gonzalo Caballero non teña a información correcta con respecto ás inversións efectuadas pola Xunta en Lugo, que supuxeron un avance decisivo nas infraestruturas e servizos de que dispón.